![]() |
Añadir leyenda |
Aínda non sei moi ben
porque isto sucedeu,
n'atopo no meu bagaxe
o porqué desta homenaxe.
Mireime moi ben ó espello
e non catei destello
para toda esa louvanza.
De onde viría a idea...?
Que veña Deus e me dea
claridá para o saber
se todo ese acontecer
ten unha lóxica idea.
(Charo Suárez, 2018)

Primeira muller concelleira nesta etapa da democracia, Presidenta do Nuevo Club, escritora, poetisa, actriz de teatro, e de cine, activista cultural, colaboradora da Voz de Ortigueira e do Heraldo de Viveiro, traballadora incansable, e ante todo muller comprometida coa comunidade.

Falaron: Manuel López Foxo, Luís Alonso Santiago, Eduardo Dovale, Vanesa Trevín (concelleira de Cultura) e Enrique Otero. O Cronista de Ortigueira, Carlos Breixo, presentou o acto.

Previamente disfrutamos dunha preciosa proxección audiovisual «Charo en 111 imaxes», da autoría de Álvaro Fdez Polo e Luli Dopico, en colaboración coa Aula CEMIT, que repasou a vida de Charito, destacando o comentario unánime de: «Que guapa era de nova, e que ben se conserva!».

Ás dúas e media da tarde, en Espasante, os amigos e amigas compartiron con ela e a súa familia un xantar de confraternidade, na que foi agasallada cunha Bailarina de Sargadelos, xa que dende nena ese era o seu desexo: ser bailarina. Dende a asociación Terras do Ortegal, amosáronse dispostos a publicar un libro de poesías da súa autoría. Agardamos que axiña se faga realidade.
A película do director de cine Enrique Otero (sobriño da homenaxeada), «Funes, o inventor da Lúa», na que intervén Charo, foi proxectada o martes, 14 de agosto, ás 8,30 da tarde no Teatro, con entrada de balde.
-----------------
Texto: Luli Dopico
Fotos: Álvaro F. Polo
Ningún comentario:
Publicar un comentario