mércores, 30 de xuño de 2021

SUCESOS, DUDAS Y ALGÚN POEMA, un libro de la polifacética artista Celia Pía

 

LIBRO

Sucesos, dudas y algún poema

Nuestra vecina, Celia Pía Morandeira, acaba de publicar un vistoso poemario en el que da rienda suelta a sus sentimientos, recopilados en cincuenta composiciones literarias acompañadas de unos singulares dibujos. Estos ilustran cada latido del corazón de la artista en la página blanca sobre la que vuela durante un viaje ancestral en el que conjuga el amor a sus padres, el descubrimiento del mundo nuevo de Pablo, su hijo, y los amigos que la alentaron y apoyaron en la búsqueda de la palabra precisa: Moncho Barro, Lilo y María Vázquez.

Si soñar es dibujar en el aire lo que nadie ha visto, Celia nos hace coronar la cumbre y planear zigzagueando nuestro idílico paisaje sentimental, aproximándose sin pausa al infinito para coger aliento y llegar a la definición de niño“Ser mágico y frágil de intelecto ilimitado con quien el adulto rememora lo olvidado mientras la vida sucede”.

Celia sabe quién es, o intenta saberlo a pesar del nombre propio que lo valora como un peso difícil con el cual cargar cada mañana, y se pregunta apurando la primera taza de café que espabila los sentidos: “¿Acaso un escritor no se transfigura bajo la piel de aquellos sobre los que escribe?”.

Escribir pues… representar conceptos a través de símbolos, letras como patitas de mosca molestando hasta que das sentido a una idea, evocación de un momento determinado, novelar vida, rubricar experiencias, reír y llorar hasta vaciar el alma de contenidos que florecen en primavera y se desvanecen en las hojas muertas de otoño. Escribir es para Celia: “Dejar rastro para reencontrarse en los espejos”.

Celia Pía en su estudio
A esta hora de la mañana, con las nieblas del Ortegal sembrando dudas de si brillará el sol o no a lo largo del día, subiré a la rama del árbol para ser como el pájaro en el instante exacto en que también decido ser mariposa y abarcar un universo pequeñito y caduco como el aroma de la rosa que deshizo el agua de la noche de San Juan y “sin siquiera tocarla” los pétalos vistieron de color las emociones maravillosas que el libro despertó en la mujer que un día habitó en la entrañable locura de Celia: escribir un libro, dibujar una sustancia, caminar pintando vida, cantando alegre a una distancia de bolero y bailando al son donde no falta ni sobra nada.

Así de bello es el libro de Celia, que alguien muy querido por ella estará leyendo en los cielos.

Enhorabuena, mujer de luz que abarcas tantas artes: música, pintura, escritura… Y lo que no sabemos.

Luly Dopico

Ficha técnica

Edita:      NINO, centro de impresión digital. Santiago de Compostela, abril 2021.

Autora:   Celia Pia Morandeira: celiapiamusico@gmail.com





luns, 14 de xuño de 2021

Presentación nas Pontes do nº 13 da revista HUME de estudos históricos e locais

 


O pasado 11 de xuño, venres, pola tarde, presentouse na  auditorio da Casa Dopeso das Pontes o novo número da revista anual HUME, dedicado aos estudos históricos e sociais da localidade das Pontes e de toda a sua comarca.

Atendendo á situación de pandemia polo coronavirus, o acto foi organizado con estrictas medidas de seguridade: uso obrigatorio de máscara facial e  xel desinfectante, toma de temperatura na entrada, rexistro do nome e do número de teléfono persoal, indicación a cada persoa do seu asento na sala -restrinxida a menos do 50% de capacidade-, que se ben retrasou un pouquiño a entrada, deu sensación de seguridade ás case 100 persoas que acudiron a esta cita anual.

O acto foi presentado por Marisol Souto, do equipo da revista, e contou coa participación de varios dos autores dos artigos, así como dos galardonados no Certame de Investigación que desde hai 5 anos convoca a asociación HUME.

Visión xeral do escenario e dos
participantes no acto, todos cubertos
con máscaras faciais.
O número deste ano ofrece 6 artigos, cun total de 364 páxinas, algo menos do que é habitual, pero que sen embargo non diminúe o interese deste novo número. Ademáis, esta nova ediión conta co interese dunha maquetación renovada, perofesional e máis moderna, algo que todas as revistas debemos facer cada certo tempo para facerse máis atractivas aos lectores, en especial no mundo de hoxe, onde o visual manda.



Os autores deste número son, salvo dous, novos na revista, algo que é importante, pois as revistas culturais non deben ser un coto pechado, ao contrario, deben abrirse periódicamente a novos temas e a novos colaboradores, algo non sempre difícil de conseguir nunha revista.

A revista é de edición non venal, distribúese de forma gratuita a todas as persoas interesadas, grazas ao patrocinio da deputación da Coruña e do concello das Pontes. De feito, Antonio Alonso, concelleiro de Urbanismo e primeiro tenente de alcalde, estaba presente no acto, apoiando a marcha da revista, xunto cos membros da Comité de Redacción, como Fina Blanco e Manuel Souto.

Coa inexcusable máscara facial (cando poderemos librarnos delas??), autores como Xavier Barcón e Miriam Fdez. Otero foron presentando -con máis ou menos experiencia e soltura no escenario- os seus artigos. Para nos o maior interese foi a intervención de Carlos Breixo, Cronista Oficial do Concello de Ortigueira, que expuso o contido dun artigo, titulado "O Castro da Uz, A Seara e Bidueiros; lugares no Camiño Francés ou seu paso polas Pontes de García Rodríguez citados no testamento de Alonso de Bouza, que foi outorgado no ano 1605; un pouco de historia e de etnografía aplicada", un longo título, que como el mesmo recoñeceu é casi un resumo do seu contido. Unha vez máis, a producción historiográfica de Breixo versa sobre o paso do Camiño de Santiago, do Camiño Francés, como se encargou de salientar, polas Pontes, tarefa na que leva investigando varios lustros tras os comezos dos anteriores mestres investigadores que formaron aos máis novos.
Carlos Breixo, Cronista Oficial
de Ortigueira, nun momento
da sua intervención.

É o caso de mestres como Rafael Usero, Cronista Oficial de Cedeira, que xa na edición primeira da sua obra El Santuario de San Andrés de Teixido, editada en 1972, falaba do paso do camiño xacobeo polas nosas terras. Por certo, que Breixo revelou un pequeno problema de saúde de Usero, que deu lugar a unha intervención cirúrxica recente, facendo votos polo restablecemente deste mestre investigación, desexo ao que nos unimos.

O acto, que se prolongou durante case dúas horas, rematou coa exposición dos premiados no V Certame de Investigación HUME, que presentaron un resume dos seus traballos, que aparecerán xa no número 14 da revista.

Por último, cabe felicitar ao equipo da revista: Manuel Souto, Marisol Souto, Nieves Seijo, Fina Blanco, Antón Carballo e Antonio Castro polo seu esforzo e traballo calado e desinteresado. Que o seu labor siga dando froitos como este número 13 -meigas fóra!- que hoxe temos nas máns. Os nosos parabéns!


-------------- 

Fotografías: Asociación HUME

Texto: Xosé María Torres

 





sábado, 12 de xuño de 2021

Intervención de Álvaro Dávila na Ofrenda a Julio Dávila no 50º aniversario da súa morte.

Álvaro Dávila ante Carlos Breixo, Cronista,
e Juan Cao, concelleiro de Cultura
(foto: concello de Ortigueira)
 


Onte, 11 de xuño, tivo lugar no cemiterio municipal de Ortigueira unha Ofrenda floral a D. Julio Dávila Díaz (1871-1971), xeógrafo e historiador, con motivo do cincuentenario da súa morte, acaecida en Madrid hai exactamente 50 anos. Foi o primeiro dos actos que promoverá a concello de Ortigueira durante os próximos meses para honrar o sexquicentenario do nacemento dun dos seus fillos máis ilustres. Lembremos que foi firme defensor en Madrid dos intereses de Ortigueira e Cronista Oficial  do concello durante case 30 anos (entre 1943 e 1971), e sen dúbida unha das persoas máis queridas polos ortigueireses de onte e de hoxe.

No fermoso lugar que acolle ao cemiterio de Ortigueira, a punta de Requeixo, e ante o panteón familiar dos Dávila, tivo lugar o sinxelo acto que foi seguido con atención por unha trintena de persoas entre membros da corporación, familiares e amigos. O acto -que se pode visualizar aquí no video gravado polo concello- comezou cuns acordes de gaita do director da Escola de Gaitas de Ortigueira, Rodrigo López, e foi presentado por Juan Cao, concelleiro de Cultura e alcalde accidental, por ausencia de titular, Juan Penabad, que deu paso a Carlos Breixo, Cronista Oficial de Ortigueira.

Este fixo, en castelán, en atención á presenza de varios familiares de D. Julio chegados de Madrid, unha breve semblanza do autor da Geografía Descritiva da comarca de Ortigueira. Coa súa coñecida oratoria fixo un canto á súa figura e á sua amizade con Federico Maciñeira e Pardo de Lama, declarando que emitira un informe que lle fora solicitado pola corporación sobre a dedicación a D. Julio dunha rúa ou outro espazo público en Ortigueira en homenaxe á súa figura. Tempo teremos que coñecer a decisión do concello e o resto de actos que haberá ao longo do ano, entre os que a nosa asociación Terras do Ortegal terá unha pequena contribución coa reedición facsimilar dunha das súas obras.



Foto de grupo cos membros da familia
e do concello que interviron no acto

,

A continuación, e previa á colocación da ofrenda floral no interior do Panteón familiar, tivo lugar a intervención de Álvaro Dávila García, bisneto de D. Julio, e encargado de intervir no nome da familia. A súa intervención, moi emotiva, foi realizada en galego, para sorpresa de moitos dos que alí estábamos. E ademáis nun galego moi correcto, por certo, pese a procedencia madrileña de Álvaro, que máis alá de vir nos periodos vacacionais, se está convertendo nun ortigueirés máis, como o demostra a súa permanencia na nosa vila durante moitos meses deste ano de pandemia. Por iso, e co seu permiso, pareceunos de interese reproducir o seu discurso, que contén trazos emotivos que gustará coñecer a moitos ortigueireses.

Por último, indicar que o acto rematou cunha nova intervención musical de Rodrigo, que interpretou o Himno Galego.

Parabéns a toda a familia Dávila e de forma moi especial a Álvaro!

.

Intervención de Álvaro Dávila García


Sr. Concelleiro de Cultura, Cronista Oficial, amigos:

Rodrigo López, director
da Escola de Gaitas
Como derradeiro fillo da derradeira neta de Julio Dávila, troquei a orde legal dos meus apelidos para preservar a súa memoria e teño o orgullo de ser pai doutro Julio Dávila nado en 2020. Polo que en nome da familia e con fonda emoción, quero agradecer ao Concello de Ortigueira a organización de este acto de lembranza e homenaxe a figura de Julio Dávila de cuxo falecemento se cumpren hoxe, 11 de xullo de 2021, 50 anos. Grazas tamén aos representantes dos grupos políticos municipais asistentes polo apoio.


Julio, como tantos galegos, tomou o camiño da emigración. Nos seus primeiros anos no Cono Sur non tivo unha vida doada senon chea de privacións. Porén afrontóunas coas mellores virtudes que se lle presupoñen aos galegos, a resistencia e capacidade de sacrificio. Grazas a esa perserveranza cedo chegaron éxitos profesionais que lle permitiron vivir con maior folgura e poder empregar cada vez máis tempo na súa paixón, a súa terra. Nun primeiro momento desde Buenos Aires con viaxes de ida e volta a Europa, pero marcado emocionalmente por unha desgraza decidíu acelerar o retorno. A morte en Arxentina do seu primoxénito Jesús Manuel, fixo que decidirá regresar coa sua muller Petra e os seus dous fillos máis novos, Isabel e Julio. Trouxeron con eles o corpo de Jesús Manuel a repousar neste panteón, onde anos despois virían a facelo tamén todos eles. Coa cicatriz anímica da perda e coas costas cubertas froito do traballo en Arxentina decidíu autoimporse una obriga gustosa de dedicación total á defensa dos intereses de Ortigueira.


Ese sino elexido, ben podería vir do seu carácter. Quen coñeceron ao meu bisavó Julio Dávila descríbeno como un home organizado, metódico e atento observador. Tal era a súa meticulosidade que anotaba centos de datos, como a temperatura e condicións meteorolóxicas observadas diaria e exhaustivamente. Esta afección polos detalles xunto co seu carácter espartano, austero e discreto, foron as chaves do su intenso e extenso traballo. A sua obra xeográfica ou mesmo os seus esforzos polo correcto uso do xentilicio ortigueirés son sinais da sua sana obstinación sistemática. Mesmo casi desde a sua tumba pódese observar tamén froitos tanxibles dos seus desvelos, como é o Malecón do porto de Ortigueira.


Os seus descendentes herdamos del a paixón por Ortigueira e sentímonos abraiados polo recoñecemento da sua Vila. Celebramos as iniciativas que agora comezan tanto do Concello como da asociación Terras do Ortegal para a divulgación da súa obra. E soñamos con que se cadra inspirados polo seu exemplo poidan xurdir moitos Dávilas novos que dediquen as suas forzas a defensa dos intereses da comarca e a conservación do patrimonio histórico e cultural.


Moitas grazas a todos

Álvaro Dávila García


------------------------- 


Texto da reseña: Xosé María Torres

Fotografias: Marta Fraga (concello de Ortigueira)