venres, 9 de agosto de 2019

IV obradoiro de fotografía documental de rúa do Festival do Mundo Celta de Ortigueira


Participantes no obradoiro xunto ao concelleiro
do festival Ángel Lozano e aos organizadores
Diego Pérez Dopico e JesúsM. Giz






Este é o cuarto ano no que a asociación cultural Galioart, con Diego Pérez Dopico á cabeza e Jesús M. Giz como principal responsable da actividade, organiza o Obradoiro de fotografía documental de rúa do Festival do Mundo Celta.

Parte dos integrantes do obradoiro
cos docentes Xulio Villarino
Tono Arias

Precisamente sobre o fotolibro versaba esta IV edición do obradoiro, ao que Tono denominou Sonora en relación ao motivo principal do festival pero tamén á sonoridade que buscaríamos nas imaxes e no fotolibro que de forma colectiva se pretendía construír durante eses 3 días que duraría o obradoiro, un obxectivo ambicioso pero que finalmente se conseguiu rematar o domingo á noite xa comezados os concertos. 
Foto: © Aurora 
Ao igual que o traballo en grupo, algúns dos participantes tamén empregaron a linguaxe fotográfica para construír historias sobre do acontecido no festival, un exemplo son os dípticos de Tere ou Malena Carballo dos que aquí podedes ver unha mostra, porque como dicía Cartier Bresson, “raramente unha foto ten a suficiente riqueza e rigor formal e a suficiente resonancia no seu contido como para que baste por si soa”, por ese motivo é preciso recurrir á reportaxe ou neste caso aos dípticos ou aos fotolibros.
Foto: © Les

Outro ano máis os participantes gozaron, algúns repetían ou tripitían participación, isto é porque o obradoiro permite meterse a fondo nese espírito do festival que te fai sentir moi vivo e rodeado desa enerxía positiva que flúe por cada recuncho da nosa vila neses días, os participantes víveno a través da súa paixón o que ten un efecto multiplicador. É un obradoiro de moita intensidade e irmandade, tanto dentro do grupo como coa relación cos folkies antes chamados hippies, que lles facilitan moito o seu traballo por ese bo ambiente e distensión xeralizados, o espírito festivaleiro infiltrase se dubida neste obradoiro.

As sensacións foron incribles para os participantes, esta convivencia de 3 días déixaos exhaustos fisicamente pero recargados mentalmente por una tempada. No obradoiro puideron visualizar unha gran cantidade de libros que foi imposible ver polo miúdo, pero serviron para coller ideas de futuros traballos e gozar da creatividade de numerosos autores. Os participantes aseguraron que farían unha visita ao espazo de Tono para ver todo ese material con maior acougo.
Foto: © Víctor Vázquez

Desa convivencia tan gratificante xorden moitas amizades e consolídanse outras, e é ese obxectivo de colectividade e asociacionismo nun traballo o que lles gusta xerar dende a asociación, nun mundo artístico onde a autoría ten ademais unha gran importancia. O venres á noite, Xulio Villarino, docente do obradoiro de 2018 fixo un oco na súa apretada axenda “parapentística” para facer unha visita na que houbo unha charla distendida que todos disfrutaron, incluído Iván Castro, que despois de tres obradoiros, este ano decidiu vir por libre e estivo por bastantes momentos máis cos participantes do obradoiro ao longo da fin e semana. 
Foto: © Bel Santos
Esta experiencia deixa “enganchados” a moitos que a proban, Paula Limia que traballa na farmacia de Sandomingo e que tiña pouca experiencia fotográfica até o de agora engranou perfectamente co grupo, e como lle dicía o outro día Jesús M. Giz, a fotografía xa nunca será o mesmo para tí, ao que ela asentía. Paula, unha persoa aberta que meteu no seu piso a dúas participantes descoñecidas pero que despois desta experiencia xa pasan a ser algo máis que simples coñecidas a pesares da diferenza xeracional.
Outra anécdota curiosa é o caso de Carlos Sendarrubias, fotógrafo de Ciudad Real que despois de facer o camiño de Santiago pola roteiro do norte e o camiño primitivo acabando en Fisterra pero tamén en Muxía, enterouse do festival ao que decidiu acudir, unha vez viu o programa e coñeceu da existencia do obradoiro de fotografía non o pensou dúas veces, coa mochila de 12 kg ás costas despois de mes e medio chegou Ortigueira para estar acompañando a parte do grupo xa dende o xoves. 
Foto: © Carlos
Foto: © JM Giz

Dende a asociación trasladan os seguintes agradecementos, xa que calquera proxecto require do apoio e a participación de moitos e neste sempre hai xente por detrás que posibilita e facilita as cousas, o que permite que este obradoiro sexa cada vez máis atractivo.
Foto: © Tere
1 – A todos e cada un dos participantes pola súa presenza, está claro que sen eles non sería posible, grazas dobremente aos que repetiron por segundo ou terceiro ano. Clara, Bel, Les, Malena, Luís, Carlos, Víctor, Tere, Paula e Aurora, grazas pola vosa confianza, tempo e boa predisposición.
Foto: © Clara
2 –Non queren deixar de agradecer aos 35 participantes durante estes 4 anos, así como aos docentes Alberte A. Pereira e Xulio Villarino que foron fundamentais para chegar a este punto.
3- A todos os que desinteresadamente colaboran na difusión do obradoiro a través dos distintos medios, redes sociais, páxinas web e o máis importante de todos, o boca a boca. Grazas en especial a Pilar, que participou en dúas edicións anteriores e un contratempo impediulle que puidese estar este ano pero a través do  amor que sinte por este festival e obradoiro atraeu a dous novos participantes. 
Foto: © Paula Limia
4 – A Elisardo de prensa pola súa axuda e facilidades nas xestións de pases e demais asuntos nestes días.
5 – Ao Concello de Ortigueira e á dirección do festival por toda a colaboración prestada e ao novo concelleiro do festival, Ángel Lozano polas súas palabras e compaña o día do peche do obradoiro. 
6 – A Francisco Xavier Martínez Prieto, párroco de Ortigueira, por estar aí sempre que se precisa algo.
Foto: © Malena Carballo
7 – A Tono Arias, que ofreceu xenerosidade e liderazgo, todo o mundo quedou encantado coa forma de enforcar o obradoiro e o bo ambiente conseguido. Dende a asociación so teñen palabras de agradecemento por confiar neles, por ser construtivo e “argalleiro” en todo momento e por telos tratado con moito agarimo. 
Foto: © Luís
8- Aos que axudan a acomodar aos participantes cando xa non hai prazas hostaleiras nun radio de 15km. A asociación sinala isto como un atranco organizativo importante. 

9 – E grazas aos que en Galioart, limpan, ordean, manteñen o local e a asociación tódolos días por amor ao arte, en especial a Diego Pérez Dopico e Billy polo traballo antes, durante e despois do obradoiro.


Podedes seguir as actividades da asociación a través do grupo de HYPERLINK "https://www.facebook.com/groups/galioart/"Facebook HYPERLINK "https://www.facebook.com/groups/galioart/"Galioart, do perfil de instagram e da súa web, nesta última hai un apartado para fotografía e dentro dese outro para o Obradoiro de fotografía de rúa do festival celta. Ahí están dispoñibles varios vídeos doutros anos así como o resultado gráfico do obradoiro 2019 nese fotolíbro editado e producido en tan solo tres días, intentando darlle certa coherencia e “sonoridade” ao conxunto de imaxes captadas polos participantes.



-------------------
Texto: Galioart