De que vai isto?

Ortigueira e a sua comarca ten desde hai máis de 100 anos unha tradición de xornais e revistas impresas que sigue chegando ata hoxe coa saída regular do semanario La Voz de Ortigueira. Ao tempo, nos últimos 20 anos teñen aparecido inciativas como a editorial O Paporroibo ou as revistas Arrós, Ortegal, etc., con contidos de carácter social e cultural entre outros. Asimesmo, nos programas anuais das Festas das diferentes localidades da comarca aparecen con frecuencia traballos de interese que merecerían ser recollidos noutras publicacións menos conxunturais.

Por outro lado, a comarca do Ortegal conta na actualidade cun bo número de persoas que se adican á investigación ou á divulgación de temas culturais ou históricos, e que publican os seus artigos en diferentes medios, moitas veces descoñecidos para os propios habitantes da comarca ou inaccesibles para eles.

Todo isto fai visible a necesidade de dispoñer dunha revista adicada a estes contidos culturais e históricos, de forma semellante a outras que existen en cabeceiras de comarcas por toda Galicia: Cátedra (Pontedeume), Revista de Neda, Hume (As Pontes), etc.

Por iso, un grupo de persoas, entre eles Ramón Barro, José Manuel Bouzamayor, José Manuel Suárez Sandomingo e Xosé María Torres, queremos promover a edición dunha revista de estudos, con periodicidade semestral que acolla traballos de persoas e temas da nosa comarca, cunha perspectiva aberta, sobre cuestións como historia local, arqueoloxía, cultura, etnografía, movementos sociais, patrimonio ou economía.


4 comentarios:

  1. Como e onde podemos adquirir a revista?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, a revista véndese en:
      - Ortigueira: nas 3 librarías
      - Cedeira: nas 2 librarías
      - Cariño: na libraría Abrente
      - Ferrol: Na libraría Central Librera
      Debido ás costes de envío, a revista non se manda por correo. En todo caso, se non fosen suficientes con eses puntos de venta, podedes chamar ao teléf. 678 910 082 (Xosé María Torres) e miramos dalgún sistema alternativo. Un saúdo

      Eliminar