martes, 14 de febreiro de 2017

Visita á planta de Conservas MAR DE ARDORA

.



Dentro das actividades que organiza regularmente TERRAS DO ORTEGAL, imosorganizar unha visita á planta de procesado de algas mariñas Conservas MAR DE ARDORA,  ubicada no polígono Industrial de Cuiña (Ortigueira)

Conservas MAR DE ARDORA é unha innovadora empresa que procesa de modo artesanal e sustentable algas mariñas. Prepara algas deshidratadas, en conserva ou frescas, pero tamén innova preparando outros produtos alimenticios como cervexa con algas ou marmelada con algas.
A empresa está a cargo de Alberto Sánchez de Toca e Sergio Baamonde, que nos recibirán e guiarán durante a visita




O programa será o seguinte:
VISITA Á PLANTA DE PROCESADO DE ALGAS MARIÑAS MAR DE ARDORA
Data:     sábado, 25 de febreiro
Horario: 12.15 a 13.45 aproximadamente
A visita require inscrición e pagamento previo de 10 € (socios) e 15 € (non socios).
Pode facerse no  Teléf. 678 91 00 82
Importante: durante a visita o custo da inscrición será compensado cun pack GRATUITO de produtos de Mar de Ardora.

PRAZAS LIMITADAS. Incrición por orde de solicitude e pago confirmado

Programa:
1.         Desplazamento á nave Conservas Mar de Ardora, no polígono de Cuiña (Ortigueira)
2.         Charla informativa audiovisual a cargo dos titulares da empresa
3.         Recorrido guiado polas instalacións, coñecendo o procesado das algas
4.         Experiencia gastronómica: Degustación guiada de varios tipos diferentes de algas

5.         Adquisición dos diferentes preparados de Mar de Ardora (voluntaria)

luns, 13 de febreiro de 2017

Presentación en Viveiro de O SEGREDO DA RUNA, de Luli Dopico

.





O pasado sábado, 11 de febreiro, foi presentado o libro “O segredo da Runa” na localidade lucense de Viveiro, na sala Multiusos, organizado pola asociación Pequenos Pasos de Landrove.
A autora, Obdulia Dopico Cachán “Luli”, estivo acompañada no acto por Juan Neira, director do Heraldo de Viveiro, e polo noso crego Francisco Javier Martínez (que representaba á asociación editora “Terras do Ortegal”), e que comparte ca autora o feito de ter a Viveiro coma vila natal.
Juan Neira, na súa intervención, desenrolou, ó través das anécdotas, a relación histórica entre Viveiro e Ortigueira, ou o que ven sendo o mesmo, entre Fufaros e Vilanchos. Relación de amor e odio entre dúas vilas condenadas a entenderse, por riba de todo no mundo da música e da imprenta. Iste foi tamén o tema escollido por Javier, aínda que este incidiu na forma de ser dos ortigueireses facendo uso da súa relación cas feligresas.
As palabras dos intervintes foron de tal xeito amenas, extensas e completas que, coma a mesma autora dixo, pouco lle deixaron a ela, verdadeira protagonista da velada, mais non dubidou en falar dalgún personaxe da novela, coma é o caso de “riveiriña”, e en lles agradecer as súas intervencións, do mesmo xeito que fixo ca xente que acudiu ó acto.

martes, 7 de febreiro de 2017

Sumarios das revistas publicadas

.
Para facilitar o coñecemento dos contidos dos 3 números de TERRAS DO ORTEGAL publicados, anexamos os seus sumarios












Sumario do número 3 (2016)
1.      Presentación da revista e Informe de actividades da  asociación
 Directiva
2.    Unha parroquia do Ortegal: Couzadoiro
 José Manuel Sierra Pazos

3.       Os buques cargueiros do porto do Barqueiro
 Hixinio Puentes

4.       Ortigueira en 1966. Aquela Ortigueira naquel mundo en cambio
 Xaquín de Roca

5.       Detrás do mostrador: David Fojo Salgueiro
 Manuel López Foxo

6.       Autores en 100 años de  La Voz de Ortigueira
 Redacción TERRAS

7.       Arquivo Histórico Municipal, a memoria de Ortigueira
  María José Vilasánchez Fuciños

8.       Proceso de restauración no Museo Massó dun exvoto  de  Santo  André de Teixido
 Fátima Sánchez Varela

9.       Percorrido pola toponimia de Cerdido
 Xosé Luis González

10.   Fuxindo das noces valeiras: iniciativas de rescate da memoria  colectiva de Mañón
 X. Lois Real Baltar

11.   Estudio de las pinturas murales de Santa María de Mañón (A  Coruña)
 Clotilde Lemoine e outros

12.   Ubicando megalitos en la comarca del Ortegal
 Zulema Picazo Mendieta

Tema central: A Idade Media no Ortegal
13.   A xénese da vila de Santa Marta de Ortigueira e outros  asuntos.
 Carlos Breixo Rodríguez
14.   Apuntes de arqueología mediueval en la comarca de Ortegal
 David Fernández Abella

15.   Achegamento á desaparecida parroquia de San Xoán de  Mosteiro (Ortigueira). Orixe e construcción dos restos que se conservan
 Francisco Javier Martínez Prieto

16.   Novidades. Libros e revistas

17.   Páxina de autores




Sumario do número 2 (2015)


1.    Presentación
2.    Retrato artístico-literario de Laureano Álvarez
       Siro López
3.    El linaje Fajardo llevó los símbolos de Ortigueira hasta el Sureste peninsular
       Diego Cerdán Galera
4.    A Devesana, unha escola laica
        Narciso Luaces Pardo
5.    Historia do Camposanto de Santa Marta
        Manel Bouzamayor
6.     De camiño pola fronteira. Setenta e cinco anos do deslinde municipal da Serra da Capelada
       Carlos López-Keller
7.    O Ortegal e os fondos europeos
       Francisco Calvín
8.   Secundino Rivera, o pintor do Barqueiro
       Hixinio Puentes Novo
9.    Inventario da parroquia de Santa Marta
       Francisco Javier Martínez Prieto
10.  Ortigueira Literaria Dixital: experiencia de 4 anos 2012-2015
        Manel Bouzamayor
11.  Proposta de creación do Parque xeolóxico de Cabo Ortegal
        Belén Pérez Pérez
Tema central: CARIÑO
 12.  Nacemento do Concello de Cariño
        José Luis Armada Castro 
13 Sindicalismo e cultura obreira no Cariño da II República
        Eliseo Fernández
14.  Toponimia de Cariño
        Xose Luís González
15.  O machado figurativo de bronce da praia da Basteira (Cariño):  novos datos para                 unha revisión
        Lois Armada
16 El territorio de Cariño en época romana
         Vanessa Trevin
17.  Fermín Zelada Varela: un cariñés farmacéutico, alcalde de Ferrol e accidental de                   Santiago
        Xosé Mª Torres


 

Sumario do número 1 (2014)

1.    Editorial.
Presentación da revista e dos artigos e autores.
2.    Carta desde Washington:  el poder para viajar a la Luna, en mi bolsillo
Teresa Bouza
3.    Ramón Armada Teixeiro, uno de los grandes poetas y periodistas de la emigración
     José Manuel Suárez Sandomingo
4.    O cultivo do liño no Ortegal.
Narciso Luaces Pardo
5.    O retorno de Lino Novás Calvo á súa terra de orixe
Bernardo Penabade
6.    A primeira lección
Lino Novás Calvo
7.   Ortigueira en 1914
José Manuel Bouzamayor.
8.   Las sociedade recreativas en Ortigueira en el siglo XIX 
Ramón Barro
9.   Santa Marta en 1846. Peripecias da cuadrilla de Poyán
Carlos López-Keller Álvarez.
10.  Mapas antigos de Santa Marta de Ortigueira y sus alrededores del Ortegal
Richard Smith
11.  Denominaciones toponímicas en torno al Cabo Ortegal
Álvaro Porto Dapena
12.  Don Federico Maciñeira e don Julio Dávila. Unha relación de amizade exemplar
X. Carlos Breixo Rodríguez
13.  Bandeando, un proxecto nado en Ortigueira e de calado internacional
Carlos Diéguez)
14.   Banda deseñada. O home que liberou a Fraga
 Cristian Fojón Caruncho.
15.  Actualidade. Galioart

16.  Reseña dos autores