O pasado sábado, 11 de febreiro, foi presentado o libro “O segredo da Runa” na localidade lucense de Viveiro, na sala
Multiusos, organizado pola asociación Pequenos
Pasos de Landrove.
A autora, Obdulia Dopico Cachán “Luli”, estivo
acompañada no acto por Juan Neira, director do Heraldo de Viveiro, e polo noso
crego Francisco Javier Martínez (que representaba á asociación editora “Terras
do Ortegal”), e que comparte ca autora o feito de ter a Viveiro coma vila
natal.
Juan Neira, na súa intervención,
desenrolou, ó través das anécdotas, a relación histórica entre Viveiro e
Ortigueira, ou o que ven sendo o mesmo, entre Fufaros e Vilanchos. Relación de
amor e odio entre dúas vilas condenadas a entenderse, por riba de todo no mundo
da música e da imprenta. Iste foi tamén o tema escollido por Javier, aínda que
este incidiu na forma de ser dos ortigueireses facendo uso da súa relación cas
feligresas.
As palabras dos intervintes foron
de tal xeito amenas, extensas e completas que, coma a mesma autora dixo, pouco
lle deixaron a ela, verdadeira protagonista da velada, mais non dubidou en
falar dalgún personaxe da novela, coma é o caso de “riveiriña”, e en lles
agradecer as súas intervencións, do mesmo xeito que fixo ca xente que acudiu ó
acto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario