xoves, 16 de marzo de 2017

Novo traballo de Carlos Breixo sobre a familia Pita en Neda e Ortigueira

.
Como moitos saben, o noso Cronista Oficial colabora habitualmente con varias revistas de estudos e divulgación de temática histórica. Unha delas é a revista DE NEDA, editada polo concello cun carácter anual que non sempre se cumple. De feito esta revista, xa veterana, que ven de publicar en decembro de 2016 o seu número 17, en realidade corresponde aos anos 2014-2015.
Máis alá destas cousas, para nos o importante é que inclúe un longo estudo de Carlos Breixo -páxinas 61 a 99 da revista- sobre as familias Pita e Díaz Tenreiro, sobre as que Breixo xa se ten ocupado anteriormente, polo que as coñece ben.
Nesta ocasión fala da pegada destas familias nas vilas de neda e Ortigueira nos séculos XV e XVI.
A revista ten un carácter gratuito e pode conseguirse dirixíndose á biblioteca municipal de Neda. O seu horario é de 8.30-12.30 e de 16.00-20.00 h
Polo demáis, felicitamos á revista DE NEDA por ter retomado a difusión da sua publicación, un exemplo onde se mira TERRAS DO ORTEGAL para seguir mellorando.