martes, 14 de febreiro de 2017

Visita á planta de Conservas MAR DE ARDORA

.



Dentro das actividades que organiza regularmente TERRAS DO ORTEGAL, imosorganizar unha visita á planta de procesado de algas mariñas Conservas MAR DE ARDORA,  ubicada no polígono Industrial de Cuiña (Ortigueira)

Conservas MAR DE ARDORA é unha innovadora empresa que procesa de modo artesanal e sustentable algas mariñas. Prepara algas deshidratadas, en conserva ou frescas, pero tamén innova preparando outros produtos alimenticios como cervexa con algas ou marmelada con algas.
A empresa está a cargo de Alberto Sánchez de Toca e Sergio Baamonde, que nos recibirán e guiarán durante a visita




O programa será o seguinte:
VISITA Á PLANTA DE PROCESADO DE ALGAS MARIÑAS MAR DE ARDORA
Data:     sábado, 25 de febreiro
Horario: 12.15 a 13.45 aproximadamente
A visita require inscrición e pagamento previo de 10 € (socios) e 15 € (non socios).
Pode facerse no  Teléf. 678 91 00 82
Importante: durante a visita o custo da inscrición será compensado cun pack GRATUITO de produtos de Mar de Ardora.

PRAZAS LIMITADAS. Incrición por orde de solicitude e pago confirmado

Programa:
1.         Desplazamento á nave Conservas Mar de Ardora, no polígono de Cuiña (Ortigueira)
2.         Charla informativa audiovisual a cargo dos titulares da empresa
3.         Recorrido guiado polas instalacións, coñecendo o procesado das algas
4.         Experiencia gastronómica: Degustación guiada de varios tipos diferentes de algas

5.         Adquisición dos diferentes preparados de Mar de Ardora (voluntaria)

Ningún comentario:

Publicar un comentario