Cartel anunciador do evento. Deseño: Álvaro F. Polo |
A asociación Terras do Ortegal, a asociación de Veciños e Veciñas de Couzadoiro e os seus amigos do Paporroibo, organizan un acto de recoñecemento a Rosario Suárez Díaz. Estamos a falar dunha unha muller reivindicativa, pioneira na comarca do Ortegal polas súas múltiples facetas que desenvolveu na sociedade que lle toca vivir.
Charo Suárez. Foto Álvaro F. Polo |
Como moitos lembrarán, foi a primeira muller concelleira na etapa democratica, escritora, poetisa, actriz de teatro, e de cine, colaboradora de La Voz de Ortigueirae do Heraldo de Viveiro, presidenta do Nuevo Club... activista cultural en suma, é unha traballadora incansable, e ante todo unha muller comprometida coa comunidade.
As actividades previstas, que contan coa colaboración do Concello de Ortigueira e do semanario La Voz de Ortigueira, terán lugar no Teatro de Beneficencia, o sábado, día 4 de agosto, ás 12.30h da mañá, nun acto presentado por Carlos Breixo, Cronista Oficial de Ortigueira, e no que intervirán:
- Manuel López Foxo, compañeiro de O Paporroibo.
- Luís Alonso Santiago, director de teatro.
- Eduardo Dovale, presidente da AVV couzadoiro.
- Vanesa Trevín, concelleira de Cultura.
- Enrique Otero, director de cine, músico e sobriño de Charo.
Charo Suárez con Luly Dopico. Foto Álvaro F. Polo |
O acto, comenzará coa proxección dun breve audiovisual «Charo en 111 imáxenes», da autoría de Álvaro Fdez Polo, en colaboración coa Aula CEMIT.
Finalizado o acto, ás 2.30h da tarde, en Espasante, as persoas que o desexen, previa retirada dunha tarxeta-ticket, compartirán con ela e a súa familia un xantar de confraternidade. En datas próximas poderanse retirar as tarxetas en varios lugares dos que se informará oportunamente
Antonio Rivera, Charo Suárez e David Fojo. Foto Álvaro F. Polo |
Enmarcado nesta celebración, á semana seguinte, o venres, 10 de agosto, ás 8,30 da tarde no Teatro proxectarase a película do director de cine, Enrique Otero (sobriño da homenaxeada), «Funes, o inventor da Lúa», na que intervén a propia Charo.
A asistencia aos actos no Teatro de Beneficencia é libre e gratuíta.
Homenaxe merecido
ResponderEliminar