Un evento gastronómico de exaltación da ortiga é unha oportunidade para Ortigueira, que debería celebrarse regularmente. Aparte dos nomes de Ortigueira, A Ortigueira (na Pedra) e do Ortegal, están os escudos de Ortigueira e Cedeira, onde campan e locen as follas da ortiga, que se repiten nos apelidos Faxardo -o máis característico, orixinario de Santa Marta- e outros relacionados como Leal, Yáñez, Vivero, Lugo e outros.
![]() |
Libro do chef Martín Álvarez |
Naquela xornada participara, entre outros, o Mestre Martín Álvarez, chef ourensán autor do libro 45 receitas con ortigas, da editorial Alvarellos, que deberiamos ter en Ortigueira como libro de cabeceira. Tamén estiveran 2 representantes da Confraría portuguesa da Urtiga, dous amigos entusiastas e amables como só poden ser os nosos irmaos do Sur. Tamén participara no evento o noso Cronista oficial, Carlos Breixo
![]() |
Xornadas de 2015 |
![]() |
O farmacéutico D. Alfredo Torres, falecido en 2008, autor do libro sobre as ortigas |

![]() |
Unha imaxe simpática dunha folla de ortiga |
![]() |
Entrega do chef Martín Álvarez a Xosé Mª Torres do recordo |
Todo un prazer visual, gastronómico e espiritual como poucas veces se da. Aos amigos de Celanova: GRAZAS!
-----------
Texto: Xosé Mª Torres
Ningún comentario:
Publicar un comentario