Directiva da asociación. De esq. a dereita: Mara Detzmeier, Tobías, Enrique Fojón e María Álvarez (Foto: Noa Orizales) |
Catro persoas, catro amigos de Couzadoiro, con inquedanzas do seu, acertan coa súa proposta, e as meigas non dubidaron en lles botar unha man, pois elas foron as que agocharon as chaves do Salón de Plenos do Concello ca teima de que a presentación desta nova e ilusionante asociación tivera que levarse a cabo nun marco máis axeitado e senlleiro coma ven sendo o patio do claustro do que fora Convento de Dominicos.
Isto acontecía o 6 de xullo, e nun ambiente familiar, e despois da presentación feita pola concelleira Vanesa Trevín, sen dúbida artífice de lles dar un pulo ás súas ideas, foi Kike Fojón, presidente da nova entidade, quen colleu a quenda para nos indicar cales son as súas pretensións.
Un momento do acto, no patio central da casa consistorial. (Foto: Manel Bouzamayor) |
Outro momento do acto. (Foto: Noa Orizales) |
O traballo desta xente xa o poderemos vivir reflectido no Mercado de Verán que se levará acabo no Paseo da Alameda de Ortigueira tódolos domingos dende o 22 de xullo até o 15 de setembro en horario de mañá.
Tódolos asistentes ó acto desexáronlles sorte coa maior das sinceridades, e dende estas páxinas facémonos eco deses desexos.
----------
Texto: Manel Bouzamayor
.
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario