Cristo da Faladora (Foto: Ana Durán Penabad |
Dando comezo ao ano 2019, a Directiva de Terras do Ortegal celebrou o pasado 21 de xaneiro unha reunión. Na mesma tratáronse, entre outros estes asuntos:
1. Próximo roteiro "LENDAS DA FALADORA" polo monte Caxado, en colaboración coa empresa Roteiros
2. Reforzo da Directiva de TERRAS coa incorporación de Toñi Girón.
Roteiro "LENDAS DA FALADORA"
Aceptando a proposta de Dolores Rubido, da empresa ortigueresa Roteiros, a nosa asociación anuncia a celebración dun roteiro polo antigo Camiño dos Arrieiros (que ía das Pontes a Bares), en concreto pola súa parte central, no alto do Monte cxado, e que terá as seguintes características:
- Data: 23 de febreiro, sábado
- Recorrido: 5 km, accesible a calquer persoa, saíndo do alto da Serra da Faladora, e volvendo ao mesmo sitio
- Duración prevista: de 12.00 h a 13.30
- Guía: Dolores Rubido
- Temas a tratar: Xeografía, camiños milenarios, xeoloxía, megalitismo e lendas,
O roteiro finalizará cunha comida en Casa Urbano, nas Grañas do Sor (de 14.00 a 16.00 h)
Inscrición (inclúe comida) no teléfono: 678 910 082
- Socios/as --> 15 euros
- Non socios/as --> 18 euros
Reforzo da Directiva de TERRAS
Á vista do alto número de actividades que ven desenvolvendo a asociación, considerou oportuno ampliar a Xunta Directiva; dacordo co artigo 12.5 dos Estatutos, invitouse a Toñi Girón, socia de número, a integrarse na mesma, o que aceptou; esta integración será sometida a ratificación na próxima Asemblea Xeral.
Toñi Girón é docente no IES de Ortigueira, e persoa ligada ao mundo cultural desde hai tempo, con habilidades no campo editorial e probadas capacidades organizativas. Como primeira tarefa está afrontando co resto da Directiva a posta en marcha dunha programación das actividades de Terras do Ortegal para 2019, ano no que a asociación cumpre 5 anos de existencia, e que será especialmente intensa.
Desde modo a Directiva queda conformada da seguinte maneira:
Presidente: Xosé Mª Torres Bouza
Vicepresidente e Tesoureiro: José Manuel Bouzamayor Riola
Secretario: Francisco Calvin Fondevila
Vogal1º: Vanesa Trevin Pita
Vogal 2º: Rafael Rodríguez Teijeiro
Vogal 3º: Francisco Javier Martínez Prieto
Vogal 4ª: Toñi Girón Martínez
Secretario: Francisco Calvin Fondevila
Vogal1º: Vanesa Trevin Pita
Vogal 2º: Rafael Rodríguez Teijeiro
Vogal 3º: Francisco Javier Martínez Prieto
Vogal 4ª: Toñi Girón Martínez
Ningún comentario:
Publicar un comentario