Bicho da igrexa de Ortigueira. Imaxe en madeira do séc. XVII |
No concello de Ortigueira, a dous quilómetros e medio da vila de santa Marta, é dicir, da capital do municipio, atopamos a parroquia de Luama. Esta parroquia carece de igrexa parroquial e a súa freguesía é anexa da de Santa Marta. Una das praias de Luama é a de Morouzos. Praia de mar aberto, de augas limpas e cristalinas e de áreas finas e mouras. Esta praia, ademais das dunas e o piñeiral, ten unha barra1.
As xentes dos distintos lugares desta parroquia e os seus veciños de Laxás, vivían felices e contentos cos seus traballos, que consistían principalmente en cultivar as terras, coidar os viñedos, mariscar e alindar os rabaños de ovellas nos xuncais preto de Laxás. Por suposto, tamén descansaban e se divertían. Un día, entrada xa a primavera, e disto hai xa moitísimos anos, uns rapaces que estaban alindando as ovellas no xuncal, leváronse un susto tremendo. Era á tardiña, entre o lusco e fusco, o ceo púxose mouro con ameaza de chuvia. De súpeto, comezou a levantarse un temporal e o mar a embravecerse.
Os rapaces oíron un ruxido estrano que viña do lado da illa de san Vicente. Miraron cara onde viña o ruído e viron que polo medio do mar avanzaba cara o areal, e seguindo o vaivén das furiosas ondas, un bicho moi raro. Primeiro, sorprendéronse, pero non lle colleron medo, máis cando o tiveron cerca quedaron aterrados.
Areal de Laxás (esquerda, ao fondo) e Morouzos (dereita) |
Os rapaces oíron un ruxido estrano que viña do lado da illa de san Vicente. Miraron cara onde viña o ruído e viron que polo medio do mar avanzaba cara o areal, e seguindo o vaivén das furiosas ondas, un bicho moi raro. Primeiro, sorprendéronse, pero non lle colleron medo, máis cando o tiveron cerca quedaron aterrados.
Aquel ser era un monstro, parecía un dragón, pero tiña un rabo coma se fora unha serpe; estirábao e enrolábao en espiral cada vez que collía pulo para se mover. Tiña unha especie de ás semellantes as dun morcego xigante. As súas robustas patas remataban en fortes gadoupas curvas. Na cabeza relucíanlle os ollos coma se fosen brazos. As fortes mandíbulas da súa boca estaban armadas de aguzados dentes, e de cando en cando, botaba bafaradas de lume.
Este animal raro e monstruoso, que xurdiu como por encanto nas embravecidas ondas do mar, avanzou dando grandes saltos pola praia ata chegar ao Xuncal, onde estaban os rapaces, e nun santiamén devorou un par de ovellas, sen que os mozos puideran facer nada para llo impedir, xa que o ataque fora rápido einesperado. Coa mesma rapidez e axilidade coa que se achegou a terra, tomou o camiño de retorno, mergullándose e desaparecendo na espuma da forte ondada.
Este animal raro e monstruoso, que xurdiu como por encanto nas embravecidas ondas do mar, avanzou dando grandes saltos pola praia ata chegar ao Xuncal, onde estaban os rapaces, e nun santiamén devorou un par de ovellas, sen que os mozos puideran facer nada para llo impedir, xa que o ataque fora rápido einesperado. Coa mesma rapidez e axilidade coa que se achegou a terra, tomou o camiño de retorno, mergullándose e desaparecendo na espuma da forte ondada.
O susto daquel día só foi o comezo, pois aquel terrible animal, que mesmo parecía saído do inferno polas fumaredas que botaba pola boca, aparecía case todos os días sobre a mesma hora. Cada vez que aparecía facía a súa trasnada (de aí que moita xente lle chamara «o trasno») devorando animais. Algunha vez a punto estivo de atacar seriamente ás persoas.
As xentes de Luama e de Laxás estaban atemorizadas e antes de anoitecer xa se metían nas casas e trancaban as portas. Aínda así seguían tendo medo pois algúns veciños dicían que o oían andar retellando por riba dos seus tellados. A este diabólico ser comezou a chamarlle a xente «o trasno» e «o bicho da Barra», xa que foi pola zona da Barra por onde apareceu.
Os de Santa Marta ao principio pensaban que era un conto que se inventaran os de Luama, de aí o dito «A xente da Vila que diga o que queira, pero eu vin o bicho da Barra choutar pola tremoeira».
A xente comezou a decatarse da gravidade do caso e puxéronse a cavilar o que podían facer para matar ao famoso bicho. Xuntáronse os veciños e acordaron que os homes máis fortes, armados con mocas e fouciños, irían esperalo, e cando aparecese, atacaríano. Así foi, mais cando o viron aparecer comezaron a recuar e ao ver que se aproximaba a eles fuxiron espavorecidos ao tempo que invocaban á patroa, santa Marta, para que os librase do monstro ou, polo menos, que lles dese forza e valor para poder loitar contra el.
Imaxe de Santa Marta. Igrexa de Ortigueira |
Cando esta auga rozou a pel daquel monstro, este perdeu os bríos, quedou como aparvado, e pouco a pouco foise transformando nunha especie de nube que se foi alongando ata desaparecer no horizonte.
Dende entón, santa Marta, ademais de levar nas súas mans o acetre e o hisopo, tamén leva ao seu carón a figura dun dragón.
Esta lenda é a que se coñece polos nosos lares, transmitida de boca en boca e de xeración en xeración. Trátase dunha lenda popular, e tamén, dado o seu contido, dunha lenda fantástica. En parte podemos considerala relixiosa, xa que polo medio anda santa Marta co seu caldeiriño cheo de auga bendita. Quizais tamén estea relacionada con aquela outra do monstro do lago Ness, de Escocia.
1 Barra: baixo fondo sedimentario paralelo á costa. Rompemento regular das olas en forma de bucles, distribuídas en liñas paralelas próximas á beira. Tamén é a zona onde se exerce dito fenómeno.
--------------------------
Texto: Carmen Gómez Martínez, mestra.
Fotos: F. Xavier Martínez Prieto (1 e 3), párroco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario