Na entrada anterior falábamos do coñecido chalet de Ortigueira construido polos esposos Manuel García Blanco e Segunda Calvo. O arquitecto da obra foi Leoncio Bescansa Casares, mentras que o aparellador foi o enxeñeiro suizo Mathias Wirz, de quen imos falar primeiro, pois foi o que máis relación tivo con Ortigueira e as terras do norte da Coruña.
Como dicíamos, o aparellador ou director das obras, foi o enxeñeiro suizo Mathias Wirz, ao que cita Anxo Rosende(1) na sua Guía de Ortigueira, e califícao de autor do deseño do chalet, extremo inexacto dacordo coas informacións disponíbeis da familia Calvo. Mathías Wirz Jenny, segundo a páxina web “falamedesansadurnino.org” (da que tomamos numerosos datos e a foto do enxeñeiro Wirtz) naceu en 1885 en Basilea (Suiza); era un enxeñeiro especializado en sistemas de calefacción. De feito, chega a España en 1906 para instalar a calefacción no Palacio Real e no Senado en Madrid; alí conocería ao senador -por Segovia- Francisco de Asís Arias-Dávila-Matheu e Bernaldo de Quirós, marqués consorte de San Sadurniño(2), para quien faría obras no pazo da súa esposa, María Natividad Quindós e Villarroel. Por certo, que do marqués-consorte tense dito que era un curioso e rancio personaxe que se opoñía á chegada da luz a San Sadurniño -que él sí tiña no Pazo- porque "los campesinos no necesitan la luz eléctrica para nada". Tamén conseguiu afastar a estación de tren de San Sadurniño a tres kilómetros do pazo, a pesar de que iso supuxo alonxala do núcleo da vila, para non verse perturbado polo fume das locomotoras nas súas terras. Con todo, isto semella unha visión algo maniquea; por un lado, quen coñeza a orografía da zona sabe que o camiño de ferro non pode seguir o trazado da estrada (que por outro lado, partiu polo medio a finca do pazo, eliminando a capela), con pendentes imposibles para un tren. Por outro lado, consta a acción benefactora da Marquesa cara os seus veciños.
O arquitecto coruñés Leoncio Bescansa |
Wirz sería, porén, autor do proxecto da chegada da luz a San Sadurniño en 1919, en donde tiña casa, se ben o seu domicilio habitual e centro de negocios estaba na capital provincial. Era este un personaxe destacado, de relixión protestante, e que ingresaría na Masonería española; realizou diversas obras para importantes familias galegas, como a García Blanco-Calvo de Ortigueira; durante as estancias que tería que facer en Ortigueira por motivo das obras, sábese que residía no hotel Comercio, ubicado nun edificio existente no solar que ocupa hoxe a sucursal ortigueiresa de Abanca. O hotel, do que falaremos noutra ocasión, estaba rexentado pola familia Blanco-Pérez.
O arquitecto do chalet
O autor do proxecto do chalet foi Leoncio Bescansa Casares (1879-1957), un importante arquitecto coruñés, discípulo de Gaudí, e calificado como un dos últimos modernistas, aínda que despois derivou hacia o eclecticismo. Estudiara arquitectura en Madrid (graduado en 1903), e tras diversas ocupacións, instalouse na Coruña en 1912. Foi tamén arquitecto diocesano de Mondoñedo; por iso, especializouse en proxectos eclesiais e escolas, entre as que destacan as Escolas Labaca (1912), a sede do Banco de La Coruña (1923) -hoxe sede do BBVA no Cantón Pequeno- así como a Maternidade Labaca –hoxe hospital Oncológico– e a Capela Labaca de 1926, todas na Coruña.
Notas
(1) Rosende, Anxo. Ortigueira. Guía histórica e social da vila de Santa Marta e as parroquias do seu concello. Concello de Ortigueira. 1992.
(2) Consultado en: http://www.falamedesansadurnino.org/imaxe/mathias-wirz-en-san-sadurnino
------------------
Texto: Xosé María Torres

Ningún comentario:
Publicar un comentario