Fanática como son da repostería caseira, polas miñas mans teñen pasado centos de libros sobre pasteis, postres, madalenas, biscoitos... Teño botado horas navegando por blogs de todo tipo á procura da receita máis saborosa, visual e impactante.
Atopei certamente cousas moi xeitosas pero nada parecido á marabilla que supón a ópera prima de Ingrid López Hall.
En “Repostería saludable vestida de flores”, Ingrid, ortegana de adopción dende hai xa case dez anos, fainos unha proposta doce para cada un dos doce meses do ano.
Pero non se trata dunha larpeirada calquera, non. As súas son propostas sostibles, tirando do que a natureza proporciona en abundancia segundo a estación do ano na que nos atopemos. Son madalenas, pasteis e biscoitos sans, con recomendacións para substituír produtos refinados, como a fariña de trigo procesada ou o azucre branco, por outros máis beneficiosos para o noso organismo.
Pero por riba de todo son receitas sinxelas, elegantes e orixinais ao alcance do público non iniciado, feitas para degustar e impresionar.

Ao longo das case trinta e cinco páxinas das que consta o receitario, Ingrid vainos descubrindo, con gran gusto e estilo, como a flor do toxo pode coroar un fantástico biscoito de cabaza e chocolate converténdoo nunha peza saborosa, saudable e visualmente atractiva.
Neste must have culinario, redescubrimos as posibilidades de flores da nosa zona pouco usuais na repostería como o romeu, as margaridas ou o trevo vermello (tan abundante en calquera recuncho do Ortegal).

Ata as agullas dos piñeiros de Morouzos participan como figurantes da posta en escea das madalenas especiadas con fariña de castaña. Así de creativo é este manual de repostería único que explora e explota o potencial da flora autóctona.
Doce receitas doces para doce meses. Unha coidadísima edición. Delicadeza, elegancia e bo gusto por igual en todas e cada unha das páxinas e cálidas fotografías tomadas pola propia Ingrid, completan a súa proposta deliciosamente rural.
Eu, que tiven a grandísima sorte de probar todas e cada unha destas receitas mentres se xestaba este libro, mirarei de agora en diante con outros ollos a riqueza culinaria que a nosa contorna ofrece.
--------------------
Texto: Noa Orizales
Fotos: Ingrid L.H.
Ficha técnica: Ingrid López Hall. Repostería saludable vestida de flores. Deliciosamente rural. Ortegal (Galicia). Febrero 2018. 35 páxs. Tamaño: 15×23 Tapa dura. PVP: 17,50 €
Dispoñible en: www.deliciosamente rural.com
Correo-e: info@deliciosamenterural.com
Pode adquirirse tamén nas librerías de Ortigueira.
Colofón: La Vida es Incierta. ¡Cómete el Postre primero!
Ningún comentario:
Publicar un comentario