.
O 27 de abril, acubillados na nobre e senlleira arquitectura da biblioteca municipal, tivemos unha xuntanza onde a Literatura viña a ser a protagonista do acto. A Biblioteca Municipal, coa colaboura da asociación “Terras do Ortegal”, conseguiu agrupar arredor de 40 persoas cun claro interese en coñecer algo máis da escritora Elena Quiroga, a homenaxeada neste evento. O interese dos ortigueireses nesta novelista estriba no engaiolada que ficou da nosa xeografía e das nosa xentes, de tal xeito que non dubidou en espallalo polo mundo adiante, tendo como medio vehicular a “Viento del Norte”, novela coa que chegou acadar o premio Nadal do ano 1950.
![]() |
Foto: David Rguez. Morado |

Luli Dopico, na súa quenda, fixo a introdución do intervinte principal, o profesor de Literatura Galega Alfredo Torres; por ela soubemos da súa nenez en Ortigueira, dos seus xogos, dos seus estudos, dos seus mestres e dos seu paso pola Universidade de Santiago onde acadou a licenciatura en Filoloxía Románica, grazas á cal entrou no ano 1984 coma profesor no Instituto de Ortigueira, aos poucos anos do comezo da súa vida laboral dedicada ó ensino, a cal, despois de destinos coma Mondoñedo, Viveiro e Pontenova, rematou hai dous anos na vila de Guitiriz onde acontece a súa xubilación.
Xa metidos na cerna do asunto, Alfredo Torres, antes de proceder a falar da homenaxeada e a súa obra, fixo unha disertación arredor dos escritores da posguerra e as diferentes correntes e estilos, pois entre eles fica encadrada Elena Quiroga amais doutros coma Carmen Martín Gaite, Juan Benet, Sánchez Ferlosio, Carmen Laforet, Miguel Delibes ou Camilo José Cela.

Outra nova interesante do faladoiro de Torres estriba no feito de dar a coñecer que Elena Quiroga non fora, en contra do asumido, a segunda académica da Lingua, senón a terceira, pois a primeira fora, no ano 1784, María Isidra de Guzmán e, xa que logo, Carmen Conde a segunda, no 1978; Quiroga, acadaría o seu ingreso no 1983, presentada polo seu amigo Torrente Ballester, e loitando con Juan Benet, outro faulkneriano de pro.
En resumo, unha longa, mais amena e útil conversa onde a figura de Elena Quiroga foi diseccionada, no seu traballo e na súa persoa, con mestría; dabondo, en todo caso, para nos facer argallar que un recordo de Elena Quiroga, divulgadora do noso polo mundo adiante, na vila de Ortigueira é máis que razoable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario