Hai poucas persoas que non coñezan na comarca á mestra María del Carmen Dovale, entre outras cousas porque máis alá da sua valía profesional como docente conducía unha moto desde os anos 60, o que nesa época era moi chamativo para unha muller.
Carmen Dovale ten unha biografía que se desenvolve case toda na nosa comarca, se ben de modo puntual viviría fora. Nace o 24 de agosto de 1931 en Baxás, lugar da parroquia de San Salvador de Couzadoiro, no seo dunha familia de labregos-muiñeiros; é a pequena dunha familia de cinco irmáns.
En Ortigueira, en abril do 1949, diante do chalet de Segunda Calvo |
Ao terminar o bacharelato elemental, incríbese na Escola Normal da Coruña, cursando por libre os estudios de Maxisterio, que eran desde sempre o seu obxectivo, ao tempo que seguía o Bacharelato superior no Instituto Concepción Arenal de Ferrol, do que dependía a Academia Santa Marta. Obtén o título de Mestra de Primeiro Ensino no ano 1952.
Procesión de San Cristovo (1963), presidida polo reverendo D. Pastor Castro Montero. |
En 1960 aproba o concurso-oposición de Mestra de Ensino Primario, sendo o seu primeiro destino -como propietaria provisional- a escola de Xuances, no concello de Xove (Lugo). En 1961, o 11 de xullo -día tráxico da Galerna do Cantábricio- obtén o permiso de circulación e pouco despois compra a súa primeira moto, unha Lambretta (matrícula LU-8559), coa que sería coñecida por toda a comarca
Título de Mestra de Ensino Primario (1952) |
Xubílase en 1996 tras máis de catro décadas adicadas ao ensino e á formación de centos de alunos, que a recordan con cariño pola súa valía e o compromiso coa función docente.
Inicia así unha nova etapa "profesional amateur” con pintura e encaixe de bolillos; actualmente vólcase nun programa de educación medio-ambiental e exposición etnográfica en Baxás (Couzadoiro)
Inicia así unha nova etapa "profesional amateur” con pintura e encaixe de bolillos; actualmente vólcase nun programa de educación medio-ambiental e exposición etnográfica en Baxás (Couzadoiro)
---------------------------------------
Texto facilitado por Eduardo Dovale Muiños, presidente da asociación de veciños e veciñas de Couzadoiro, e sobriño de María del Carmen Dovale.
Ningún comentario:
Publicar un comentario