17 de maio de 2018. Día das Letras Galegas. A xornada prestaba para recollerme ó abrigo da laranxeira e deixarme levar pola sensibilidade que a flor de azahar espallaba polo ar, o libro que me ía facer compaña non podería ser escollido ó chou, tiña que ser meditada a súa eleción. As palabras que ían vestir a narración tiñan, por forza, que axudar a me engaiolar con ledicia no ar primaveral xa fecundado e hoxe ateigado de vida.
Cando o canto do merlo aínda enchía o silencio da mañá, eu xa tiña a Kate@ nas miñas mans, cun illante agarimo fun descubrindo os seus segredos e alumeando as sombras nas que ficaba agochada.
A autora de nena, coa súa avoa materna, Obdulia Acevedo, natural de Boal (Asturias), orgullosa coa súa neta. |
Dibuxo de Manuel Martínez Pérez (5 anos) que figura na contraportada do libro |
Non teñas dúbida, Luli, que ó escribir ceibas as túas pantasmas, e nós xogamos con elas, coma fan os gatos cos animaliños que atopan no camiño, para devolverchas espidas, naturais e cheas de vida. Non teño ó meu carón á xa famosa e descoñecida Kate, mais ei de lle contar o acontecido á indecisa bolboreta que cos seus sedutores movementos consegue acougar o reviravoltas do meu maxín, quizais sexa o comezo dunha nova historia, amiga e benquerida Luli.
Texto: Manel Bouzamayor
------------------
Ficha do libro:
Kate @. Obdulia Dopico Cachán. Ed. autora/Sacaúntos. Ortigueira, 2018, 115 páxinas. Edición no venal
Texto: Manel Bouzamayor
------------------
Kate @. Obdulia Dopico Cachán. Ed. autora/Sacaúntos. Ortigueira, 2018, 115 páxinas. Edición no venal
Ningún comentario:
Publicar un comentario