Opróximo sábado, 12 de setembro ás 18.30 h, terá lugar no Barqueiro (Mañón) a presentación do segundo número da revista TERRAS DO ORTEGAL.
O evento terá lugar no Salón de Actos da casa do Concello, na planta baixa do mesmo
A organización corre a cargo da asociación NORDÉS, a quen agradecemos unha vez máis a sua colaboración.A revista iniciou o seu camiñar co número 1, en 2014, e este segundo número de 2015, que representa a continuidade do proxecto ten as seguintes características:
- 16 artigos e 205 páxinas, o que supera ao primeiro número, que acadaba 14 artigos e 180 páxinas
- Un dossier central, con 6 artigos, adicado ao concello de Cariño, que leva xa 27 anos de existencia.
- Un nivel de calidade alto, que é recoñecido por especialista na materia
O carácter semimonográfico preténdese manter para os seguintes número; o dossier poderá ser territorial, ou ben temático (a pesca no Ortegal, as construccións populares, a arquitectura relixiosa, etc.), pero sempre cunha mirada comarcal, refrendando o que indica o título da revista.
O prezo deste número é de 12 €.
Ningún comentario:
Publicar un comentario