xoves, 27 de agosto de 2026

A profesora Camiño Noia e o profesor Armando Requeixo participarán no congreso sobre “Alvaro Cunqueiro en Ortigueira en 1936”, que terá lugar o 2 e 3 de outubro deste ano no teatro de Beneficencia de Ortigueira.

María Camiño Noia                    Armando Requeixo

Con satisfacción damos conta de dúas novas incorporacións ao plantel de relatores que impartirtán sendas conferencias no congreso que está a preparar a asociación Terras do Ortegal para conmemorar a estancia do ilustre escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro en Ortigueira durante os anos 1936 e 1937, tempos convulsos, en medio da terrible Guerra Civil española.

Falamos de dúas figuras recoñecidas no estudo da obra de Cunqueiro:

  • Por un lado, María Camiño Noia Campos, que é Catedrática de Lingua e Literatura Galegas na Universidade de Vigo, e recoñecida como profesora Emérita de dita institución académica. Autora de primeira tese de licenciatura redactada en lingua galega na universidade de Compostela, onde estudou. A profesora Noia ten un extenso recorrido académico, intelectual e de creación: fundadora de Edicións Xerais de Galicia, directora do Colexio Universitario de Vigo e decana da facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo. Asimesmo, ten publicado un estudo sistemático de toda a poesía de Cunqueiro: Alvaro Cunqueiro. Trinta poemas. Selección e comentarios de Camiño Noia (2014).
  • Pola súa parte o profesor e escritor Armando Requeixo Cuba, nacido en Mondoñedo, é secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e profesor na Universidade de Santiago de Compostela, catedrático de Lingua Galega e Literatura de Ensino Medio e coordinador de actividades e publicacións da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro. O profesor Requeixo ten unha extensa obra publicada no ámbito da crítica literaria, ademáis de asomarse de cotío á prensa diaria como divulgador do mundo da literatura. Por citar só un deles, de interese para o Ortegal, destacar que en 2014 publicou “Fala das musas e outros poemas, de Daniel Pernas Nieto”, un completo estudo da obra publicada en decembro de 1936 —a primeira en galego despois do inicio da sublevación franquista e Guerra Civil— feita polo capelán do Asilo de Ortigueira e publicada na Imprenta Fojo, que conta, como se sabe, cun prologo de Álvaro Cunqueiro. Nos últimos anos ven dirixindo en Mondoñedo, con notable éxito, os Encontros Álvaro Cunqueiro dentro dos cursos de verán da Universidade de Santiago.

Datas e horario do Congreso

Falamos de dúas figuras importantes que completan o elenco de persoalidades xa anunciadas anteriormente nesta web, e  que participarán no congreso sobre Cunqueiro que ten xa datas fixadas: 2 de outro, venres, en horario de tarde, e 3 de outubro, sábado, en horario de mañá.

O congreso conta cunha subvención económica da deputación da Coruña, que cubre parte dos costes, e a colaboración do concello de Ortigueira que cede o teatro de Beneficencia para a súa celebración.

En próximas datas, trala reunión do Comité Organizador, que preside Manel Bouzamayor, presidente de Terras do Ortegal, que conta asimesmo cun Comité Asesor formado polos escritores Ramón Loureiro e Manuel López Foxoanunciaremos o programa completo do evento e da forma de inscrición.


-------------

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario