Destacaba a vocación polo xornalismo por riba das súas outras actividades. Estaba orgulloso do seu xornal e do que significaba para unha gran comarca afastada dos grandes centros, comentábame hai uns días Ramón Barro Bello, prestixioso e distinguido xornalista, fillo desta nobre terra.
«David Fojo, exmilitar, director e propietario de La Voz de Ortigueira, encarnaba un xornalismo sagaz, de fino olfato, rico en matices. Desde o seu observatorio controlaba todos os movementos dos muñidores da política e, aínda que non disimulaba as súas conviccións no terreo ideolóxico, non deixaba por iso de aplicar o seu ollo crítico, actitude propia de calquera profesional que se prece. Desde logo, non comulgaba con rodas de muíño, o que lle permitía manter activa a súa capacidade de obxectivar o acontecer cotián e, por encima de todo, tutelaba sempre o bo nome da súa amada e señorial vila».
Este texto entre comiñas obra na Historia do Club de Prensa editada no ano 2014.

Sen saír do contexto xornalístico no que viviu e morreu, hei de engadir que foi un entusiasta socio do Club de Prensa de Ferrol. En todo momento foi activo participante en diversas iniciativas promovidas pola entidade. Quen tivemos o privilexio de gozar da súa amizade gardamos del un entrañable recordo como home culto, gran conversador e dunha salientable talla humana.

«que abandonou a súa profesión para dedicarse á La Voz de Ortigueira, unha modesta publicación semanal de 4.000 exemplares, lida por todos os veciños e emigrantes orteganos en distintos países».
El Correo Gallego daba a lutuosa nova a tres columnas cunha foto tamaño carné. Salientaba en titulares que insignes escritores galegos colaboraban no semanario que dirixía. Achegaba algúns datos curriculares como que cursara primeiro e segundo de Dereito en Santiago e estudos na Academia Militar de Infantería. Nun artigo de opinión, o xornalista ferrolán Miguel Lamigueiro afirmaba que «Santa Marta se quedou sen voz».
La Voz de Galicia titulaba a morte de Fojo Salgueiro a dúas columnas: «Conmoción en Ortigueira pola morte do veterano xornalista David Fojo Salgueiro». No texto lembraba que o falecido chamaba ao seu xornal o irmán parvo porque non resultaba un negocio rendible pero seguíao editando porque esta actividade lle apaixonaba. Ao seu ver era un recanto da historia da comunicación galega.

Germán Castro
xornalista, primeiro director de Diario de Ferrol
e presidente de honra do Club de Prensa de Ferrol.
(texto remitido polo autor, e publicado previamente no semanario La Voz de Ortigueira)
.
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario