Fotografía do Almanaque Gallego de Castro López (Bos Aires, 1898) |
O Seminario de Estudos Galegos (SEG) foi unha sociedad científica, fondamente enraizada na cultura galega impulsada por un grupo de intelectuais nos anos 20 do pasado século XX. Estes investigadores trataron, con escasos medios, de modernizar a Ciencia no noso país.
Posta en marcha en 1923, os seus Estatutos indicaban (Xabier Iglesias, 2015) que:
“para ser socio do SEG precisábase ser proposto por un socio e admitido na xuntanza seguinte á que se fora proposto. Unha vez elixido tería que presentar un traballo orixinal e inédito sobre algún tema galego e, a partir dos catro meses seguintes un traballo anual obrigatorio”
Os Estatutos establecían tres tipos de socios:
- Asesores, que serán propostos pola Sección Directora, con residencia en Compostela e dirixirán todos os traballos.
- Numerarios, propostos por un socio e admitidos na xuntanza seguinte e que teñan feito o seu traballo de ingreso.
- Correspondentes: serán os Numerarios que non teñan presentado o seu traballo de ingreso e os colaboradores do SEG que non poidan asistir ás Xuntanzas.
É sabido que Federico Maciñeira e Pardo de Lama foi designado socio Numerario en 1927, e que leu ese mesmo ano o seu discurso de ingreso, que versou sobre “Notable grupo de círculos líthicos y túmulos dolménicos de la cuenca superior del Eume”. Este traballo, de 38 páxinas, foi publicado en 1929 como separata exenta do segundo volume dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos.
Maciñeira, socio protector
Listaxe de socios protectores, co nome de Federico Maciñeira na páxina da dereita |
Entre 1926-1930, etapa de consolidación do SEG, a principal novidade en canto aos socios é a aparición da figura de Socios Protectores, aqueles que contribuirán ao mantemento do SEG con achegas económicas.
Páxina inicial da Listaxe de socios protectores do SEG |
Pois ben, podemos anunciar hoxe que Federico Maciñeira e Pardo de Lama foi tamén unha persoa comprometida co sostemento económico do Seminario, polo que accedeu á figura de Socio Protector. Así consta na documentación que puidemos consultar grazas á amabilidade de Xosé Luís Pastoriza, profesor da facultade de Filosofía da USC e padroeiro da fundación Isla Couto.
Como todo o mundo sabe, o Seminario de Estudos galegos foi intervido despois da sublevación franquista, e a súa documentación e biblioteca requisada.
-------------------
-------------------
Texto: Xosé María Torres
Fonte dos documentos: Arquivo da Fundación Isla Couto
Fonte dos documentos: Arquivo da Fundación Isla Couto
Ningún comentario:
Publicar un comentario