O
próximo xoves, 24 de xullo, ás 7 da tarde, terá lugar na Fundación Ortegalia o
acto de presentación da nova revista Terras do Ortegal, editada pola asociación
constituida baixo o mesmo nome.
O número 1 da publicación, cunha extensión total de 180 páxinas e formato libro, acolle artigos de autores da comarca ou relacionados con ela, con traballos sobre a vida social, a historia, biografías de ilustres orteganos, ou de temas etnográficos, xeográficos e lingüísticos da zona, ademáis de achegas sobre temas artísticos, a música ou a banda deseñada.
Os artigos tratan temas que afectan aos concellos de Mañón, Ortigueira e Cariño; quedan para próximos números difundir artigos que poñan o foco tamén nos concellos de Cedeira e Cerdido, co que se cubriría todo o ámbito comarcal que quere abranguer a revista.Os autores que participan neste primeiro número son: Teresa Bouza, Ramón Barro, Carlos Breixo, Carlos Diéguez, José Manuel Bouzamayor, Cristian Fojón Caruncho, Carlos López-Keller, Narciso Luaces, Bernardo Penabade, Alvaro Porto, Richard Smith e José Manuel Suárez. Todo un elenco de autores que dan lustre e prestixio a esta nova revista.
O acto de presentación, que comezará ás 7 da tarde, estará coordinado por José Manuel Bouzamayor, vicepresidente da Asociación, e autor, como se ten indicado, dun dos artigos deste primeiro número. Contará coa asistencia de varios dos autores, que farán unha breve disertación que esperamos goce da atención e o interese dos asistentes.
Ao final da presentación entregarase ás persoas inscritas como socios un exemplar da revista e poñerase á venda para calquer outra persoa interesada.
Una nueva publicación es una alegría. Además tiene buena pinta.
ResponderEliminarEn esta web se echa en falta información sobre objetivos, periodicidad, precio, puntos de venta, posibilidad de suscripción...