A Directiva da Asociación editora da revista TERRAS DO ORTEGAL convoca unha asemblea xeral para o próximo venres, 10 de outubro, ás 7 da tarde.
O lugar é a Cafetería do Centro de Recepción de Visitantes, ubicado no malecón de Ortigueira.
A Orde do Día será a seguinte:
1. Información
da Directiva
-
Nacemento da asociación. Consitución dunha xunta
xestora
-
Publicación do número 1 da revista
-
Presentación realizada e preparación doutras.
-
Preparación do número 2 e seguintes
2. Estado
económico de ingresos e gastos
3. Eleción de
nova directiva
4. Rogos e
preguntas
5. Lectura e
aprobación da acta desta sesión
Notas:
- As persoas que queiran facerse socias ou os/as socios/as que non teñan abonado a cota de 2014 (15 € ou 50 €, a elexir) poderán facelo nese acto, pois a conta bancaria só se utilizará para o cobro da cota de 2015, que será de 15 € para todas as persoas asociadas.
- Tamén poderán recoller a revista as persoas socias ás que non se lle teña entregado (a de 2014 entregarase en man)
Calquer indicación, pode facerse nestes teléfonos:
- Manel Bouzamayor: 609 05 04 01
- Xosé María Torres: 678 91 00 82
Ningún comentario:
Publicar un comentario