Nas pasadas semanas, a delegación provincial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza acordou a inscrición no Rexistro de asociacións da Xunta de Galicia da ASOCIACIÓN TERRAS DO ORTEGAL, con domicilio social en Ortigueira, e número de rexistro 2014/018354-1.
Ao tempo, e con máis retraso do previsto, foron visados e aprobados os Estatutos sociais da entidade, tras uns pequenos cambios que se nos recomendou facer para aclarar algunhas dúbidas de tipo administrativo que xurdiron.
Tras isto, o equipo promotor da revista prosegue o proceso planificado para a posta en marcha da revista, consistente en
- Acopio de artigos para a confección do número 1 (xa practicamente finalizado).
- Inicio da entrada de socios/as na Asociación que respalden a publicación da revista e amplíen o núcleo promotor.
- Presentación da maqueta ou número 0 nas próximas semanas.
- Presentación pública do número 1 en xullo.
Invitamos a todas as persoas interesadas en apoiar a posta en marcha da revista que contacten cos medios sinalados:
- email: revista.ortegal@gmail.com
- Teléf.: 609 05 04 01
Enhoraboa. Espero que nos axudedes a conocer un pouco mais esa fermosa terra. Desde Xove con agarimo, Xose Manuel
ResponderEliminar