A idea é promover unha revista en formato libro, de regularidade semestral, que acolla traballos de divulgación e investigación de tipo cultural e histórico, cunha perspectiva ampla, con artigos que vaian desde a etnografía, movementos sociais, patrimonio, economía… sempre cunha perspectiva da comarca do Ortegal: Mañón, Ortigueira, Cariño, Cerdido e Cedeira, ou zonas colindantes
Os pasos a dar nos próximos meses serían os seguintes:
- Constitución e rexistro dunha asociación, que sería a encargada de publicar a revista.
- Busca de financiación para a revista, que incluirá unha iniciativa de de micromecenazgo por internet (crowdfunding).
- Novo evento de difusión, xa co nome definitivo da revista, posiblemente coa presentación da maqueta e avance de contidos do primeiro número.
- Saída do primeiro número da revista, no verán de 2014.
Os asistentes á reunión, entre os que se atopaban diversas persoas con interese nos temas culturais e de investigación, comprometeron apoios económicos e para a posta en marcha do proxecto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario