sábado, 14 de abril de 2018

MULLERES E FÁBRICAS DE SALGADURA E CONSERVA EN CEDEIRA

.
Mulleres da fábrica de Antonio L. Torres de la Ballina.
A primeira da esquerda é 
Consuelo Leonardo 









A chegada dos cataláns a Galicia no último terzo do século dezaoito foi dunha importancia tan grande, que moitos pobos costeiros galegos viron como as súas economías familiares se daban un respiro e conseguían, como foi o caso de Cedeira, unha axuda para chegar a fin de mes, sendo as mulleres as que non dubidaron en traballar nesta industria que lles permitía compatibilizar coas súas responsabilidades familiares .

Ficha metálica nº 140, propiedade de
Consuelo Leonardo, "A Coxa de Licos".
En Cedeira chegaron a existir 13 fábricas de salgadura e conserva nas que traballaban básicamente mulleres como fixas discontínuas, e dicir, traballaban cando había peixe para salgar ou para enlatar, descargando primeiro o peixe dos barcos e unha vez alí, escochaban, salgaban, prensaban, cocían ou enlataban calquera tipo de peixe que a súa empresa decidira traballar. É difícil atopar unha familia cedeiresa que non tivera unha irmá, nai, tía, aboa ou bisaboa que non traballara nunha destas fábricas.


Ao fío deste binomio muller-fábrica, interesa contar a relación laboral que se establecía, pois nalgunha destas fábricas, entregábaselle ás traballadoras unha ficha metálica
toscamente gravada onde figuraba un número e unas letras según conviña ao propietario da fábrica para levar a contabilidade e a organización. Cando as mulleres eran chamadas a traballar, pasaban pola oficina da fábrica e tomábanlle nota do número da súa ficha (fichaban).
Tal foi o coñecemento sobre a existencia das fichas, que moitas das traballadoras das fábricas de salgadura e conserva de Cedeira, poideron demostrar diante das autoridades das clases pasivas que posuían ficha de ter traballado nalgunha destas fábricas, o que as 

Membrete da fábrica La Magdalena, con oficinas
en Cedeira e Ortigueira
habilitaba para ser perceptoras dunha pensión do SOVI (Seguro Obligatorio de Vejez e Invalidez) que cubría aos traballadores /as que cotizaron antes de 1967.


Autoría do texto: José Antonio Rodriguez Arribe (Jose de Vigo), un dos fundadores do museo Mares de Cedeira, inaugurado en 2016.





Ningún comentario:

Publicar un comentario