O Xeoparque Costa Quebrada, un gran espazo natural que se extende polo litoral de oito municipios de Cantabria, foi designado onte, 11 de abril de 2025, Xeoparque Mundial da UNESCO polo Concello Executivo da Unesco, segundo anunciou a última hora da noite o Embaixador de España ante a Unesco, Miquel Iceta.
Este xeoparque comprende os territorios dos municipios de Santander, Camargo, Santa Cruz de Bezana, Piélagos, Miengo, Polanco, Suances e Santillana del Mar
O nomeamento era o último paso que quedaba trala visita dos avaliadores da Unesco á zona, que resultou positiva, e tras ser declarado en setembro do ano pasado 2024 apto polo Consello Mundial de Xeoparques.
Únese así á Rede española de Xeoparques, composta ata agora por 17 territorios, entre eles os dous galegos: Xeoparque Montañas do Courel e o noso Xeoparque de Cabo Ortegal.
Contratación dos postos de xerencia e técnico/a en xeoloxía para o xeoparque Cabo Ortegal
Aproveitamos para difundir as últimas noticias relacionadas co noso xeoparque, que pasan pola cobertura de dous postos de traballo para a xestión do noso xeoparque.
As prazas foron convocadas pola asociación xestora do xeoparque
a mediados de xuño de 2024, e pasados 10 meses desde entón, seguen sen cubrirse, nun proceso sorprendente pola súa lentitude.
Praza de xerencia
En canto á praza de xerente, o pasado 9 de abril difundíase o resultado da segunda fase do proceso de selección (un exame), co resultado seguinte:
Quedan aínda unha proba de idiomas e unha entrevista persoal que agardamos rematen canto antes.
Praza de técnico/a en Xeoloxía
Lamentablemente, a praza de técnico/a en Xeoloxía ten un retraso aínda maior, pois, dacordo coas noticias difundidas pola entidades xestora, só se publicou, con data 6.11.24, a lista de admitidos e excluidos para o proceso, co resultado dun único candidato admitido:
Curiosamente, a pesar de existir só un candidato admitido, aínda non se fixo, ou non se publicou, a valoración de méritos pasados 5 meses desde entón, e non hai datos sobre se tivo lugar a proba específica nin a de idiomas nin a entrevista final, algo incomprensible.
En conxunto, somos conscientes da importancia de efectuar hoxe calquera proceso de selección de persoal coas máximas garantías de rigor e transparencia, pero resulta incomprensible a lentitude; todo iso cando o Xeoparque ten recursos abundantes —que outros xeoparques miran con envexa— resultado do patrocinio directo por parte da Deputación da Coruña e do apoio da mesma na búsqueda doutros ingresos.
Debe rematar xa este proceso de cobertura do persoal, pois o Xeoparque Cabo Ortegal ten a obriga de poñerse a traballar para difundir a riqueza xeolóxica que atesoura, legado polo que foi declarado Xeoparque Mundial da Unesco en maio de 2023, hai xa 2 anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario