Cartel da homenaxe a Rafel Fdez. Casas, mestre exemplar |
CRÓNICA DUNHA HOMENAXE MOI EMOTIVA
O pasado 11 do mes en curso o morno sol dun outono fuxidío bañaba en Carnoedo (Sada) a costa ártabra para iluminar un dia que se presentaba inesquecible para Rafael Orientado, o fillo de Rafael Fernández Casas, o exemplar mestre da SIR A Devesana. Orientado nacera en Souto (Sada) nunha casiña branca coma a neve, rodeada de roseiras e que fora escola e moradía dunha familia feliz formada por Melisendra e Rafael.
Despois de 86 anos, por fin, aquel neno que dende o berce presenciou aterrado como uns desalmados levaban violentamente a seu pai, volveu ao territorio daquela efémera nenez. E foi todo mercé ao acto que, con agarimo e sensibilidade, lle organizou a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada.
Orientado Fdez. Lamelas, fillo do mestre asasinado no 36 |
Destacados membros da cidadanía de Sada, entre eles o alcalde, Benito Portela, directivos da asociación para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e de distintas asociacións veciñais e un numeroso público encheu as aulas daquela escola cargada de historia.
De esq. a dereita.: Orientado e Sira, Emilio Castro e Vanesa Trevín |
Pensamentos e lembranzas que, ben seguro viñeron á memoria de Orientado neste día de decembro tan especial e seguramente difícil de esquecer. Agora só queda recuperar os restos de Rafael, como é o desexo da súa única familia devesana, e volvelos á terra onde foi tan feliz e onde o agarda a súa esposa.
-------------------------------
Texto: Emilio Castro Fustes
Para máis información, véxase: Castro Fustes, Emilio. "Rafael Fernández Casas. Un maxisterio de compromiso e paixón en terras do Ortegal". Revista Terras do Ortegal nº 4 (2017), páx. 39-52.
Ningún comentario:
Publicar un comentario