A fotografía. Que é iso?
A fotografía naceu en Francia a mediados do século XIX, en principio como unha curiosidade ou un divertimento, pero rapidamente, en especial a partir da Guerra de Crimea en 1855, adquiriu tremenda importancia como reflexo, como testemuña da realidade.

Pero pouco a pouco, en especial desde mediados do século XX, coa evolución das técnicas fotográficas, a popularización dos equipos portátiles e a mellora dos dispositivos, houbo persoas que cultivaron a fotografía como unha arte. Hoxe ninguén discute que a fotografía pode ser empregada como unha arte.

- Arquitectura - Escultura
- Pintura - Música, que inclúe o teatro
- Danza - Declamación, que inclúe a poesía.
Esa é a razón pola que o cine se considera na actualidade como a séptimo arte.
Vale, pero... e a fotografía? Pois a fotografía tamén pode ser unha arte! Todas as fotografías son artísticas? Cremos que non. Depende do intención do fotógrafo, da técnica empregada e doutros parámetros, algúns imprevisíbeis.

Victoria Díaz, artista da fotografía

Victoria, natural de Tapia de Casariego, esa fermosa localidade do occidente asturiano, foi mestra en varios colexios e institutos da comarca ata a sua xubilación. Interesada na cultura, fomentou entre os seus alumnos o achegamento a diversos feitos culturais; hoxe xubilada centra os seus esforzos na fotografía artística.


A mostra El origen del mundo foi organizada polo departamento de Cultura do Concello de Ortigueira, que encargaou a Diego P. Dopico, técnico dese departamento e tamén fotógrafo afeccionado a presentación da mostra. Unha mostra na que Victoria (que difícil resulta para os que somos legos describir unha exposición de fotografía!) non se detén nas paisaxes, non retrata persoas... senón que observa a natureza, plantas especialmente, e fíxase nas súas formas xeométricas. Alí identifica espirais, cadrados, octógonos, formas ovoides, proporcións áureas...

Obras de gran tamaño
As imaxes, de gran tamaño, están impresas en soportes plastificados de grande calidade, case metacrilato, soportes que permiten unha visión ao detalle. Todo coas cores perfectas, idénticas ás reais, pois a autora toma especial coidado en acadar nas reproduccións a perfección da natureza.
Animamos aos ortigueireses a acudir -en horario exclusivamente matinal- ata fin deste mes de febreiro a ver esta exposición e poder ver a explosión de cores e formas, todas naturais, con que nos obsequia Victoria.
Os nosos parabéns!
------------------------------
Fotos: Victoria Díaz
Texto: Xosé Mª Torres
Ningún comentario:
Publicar un comentario