![]() |
Ferreiriño bacachís |
Tenra.
Ese é o primeiro adxectivo que se me ven á mente logo de ver a nova exposición de pintura de Álvaro. Hoxe tiven a sorte de visitala tendo como guía a paleta retranqueira do pintor. Un luxo.

A utilización que fai das cores, nunha primeira lectura, non destaca moito; haise que deter un chisco para decatarse de que as cores frías son moi sutís, acoirazando a tenrura das rapazas, e falo
![]() |
Astronomía práctica |
expresamente «das rapazas» porque quero incluír non só a expresión da cara, senón o corpo en posturas sedentes, durmidas, suaves, candorosas. Pola súa banda, as cores cálidas realzan, máis se cabe, as expresións doces e delicadas.
![]() |
Cullereiros |
![]() |
Curuxa das xunqueiras |
![]() |
Martiños peixeiros na lagoa de San Martiño |
Pero se hai algo que sobresae de todo o anterior son os «ollos e miradas» das rapazas e das aves con identidade definida. Ollos inmensos, medianos e pequenos, redondos, longos e achinados, azuis, amarelos e negros, tranquilos, serenos e emotivos, serios, desconfiados e duros, vixiantes, axexantes e expectantes...
![]() |
Avelaiona |
Xuro que ata vin odio no ollar dunha curuxa!
Que como se pode transmitir unha emoción humana dende a mirada dunha personaxe dun cadro? Con talento, só talento.
Parabéns, Álvaro
------------
Texto e fotos: Terras do Ortegal
Ningún comentario:
Publicar un comentario