Bernardo Penabade (esquerda) e Pepe Riola ao comenzo do acto |
O 17 de marzo, a Comunidade de Montes de Loiba tivo a ben organizar un exquisito faladoiro no local social da parroquia. Exquisito polo tema e polos conferenciantes elixidos para desenvolvelo, e exquisito polo chocolate co que agasallaron ós asistentes ó final da xuntanza.
“O camiño dos arrieiros e as necrópoles que o deliñan” foi o tema escollido para pasar unha agradable tarde de domingo entre amigos.
Tomou a palabra Pepe Riola facendo un pequeno prólogo da súa intervención, no que, encirrado por Bernardo Penabade, nos contou como e onde nacera o seu interese pola historia e a arqueoloxía. Todo comezou cun libro que, á temperán idade de 11 anos, tiña o seu mestre en San Adrián, José Rico, “A Comarca do Ortegal no II Milenio antes de Cristo” de Ramón Bascoy. O impacto foi tal no neno que o mestre non dubidou en ofrecerllo coma agasallo, e dende aquela foi o seu compañeiro á hora de calmar, mellor dito, esporear novas inquedanzas. O contacto directo coas terras onde naceu e se criou, terras da Capelada cheas de restos arqueolóxicos, e arrimado a xentes coma Andrés Crespo, Emilio Ramil... fixo o resto para que non dubidara en mergullarse en lecturas de libros e artigos asinados por Ramón Villares, Maciñeira, Bascoy, e mesmo Manuel Murguía.
Cartaz anunciador do faladoiro organizado pola Comunidade de Montes de Loiba |
Intervención de Bernardo Penabade
De seguido tomou a palabra o profesor Penabade quen organizou a súa intervención arredor de tres puntos concretos:
De seguido tomou a palabra o profesor Penabade quen organizou a súa intervención arredor de tres puntos concretos:
O primeiro versou sobor do percorrido real do Camiño. Se ben sabemos que un extremo é Estaca de Bares (para Bascoy, o comezo, e para Maciñeira, o final), o outro extremo pode ser As Pontes, aínda que hainos que levan o Camiño até Parga (Guitiriz) e incluso até Portugal seguindo o cordal existente. Mais o importante para nós, sen dúbida, son eses 40 ou 50 km que separan As Pontes de Bares.
O segundo punto escollido para falar foi o “tempo do camiño”, ou o que ven sendo o mesmo, de cando é?
Sabemos que está datado nos escritos medievais, mais non debería haber dúbidas do seu uso no neolítico aproveitando o porto natural que de sempre houbo en Bares, tampouco os romanos se instalaron alí por casualidade. O que tamén é certo é o seu uso até 1875, data na que se abriu ó tráfico o ferrocarril Coruña-Palencia, logo desa data tamén fixeron uso do camiño os segadores que ían a Castela ou os quintos para se achegar até Parga.

Vista xeral do público que enchía o auditorio do Centro Social de Loiba |
Coma remate, Bernardo aproveitou o faladoiro para deixar caer á Asociación anfitriona tres temas nos que debería incidir e pescudar: O cemiterio de Loiba, arranxar as débedas que a bisbarra ten con Antón Castelo Santaballa, e botar man de Tucho Calvo coma o mellor axudante para recuperar a historia da parroquia.
-----------------
Texto: Manel Bouzamayor
Fotos: David Rodríguez Morado
Ningún comentario:
Publicar un comentario