.
Sergei Sozonov e Diego Dopico |
Acabo de visitar a exposición que Diego Pérez Dopico e Sergey Sozonov colgan no primeiro andar do concello de Ortigueira. Coñezo a obra de ambos por tela visto nalgunhas mostras colectivas nas que compartían paredes con outros artistas, e subindo as escaleiras, pensei que, os dous sós, enfrontados, por así dicilo, poderían producir un choque visual no que un deles, según o gusto do espectador, sairía mal parado.
Pensamento erróneo. Ao entrar na sala un sorpréndese de que, malia ser temáticas e técnicas completamente distintas, que chegan por un lado á abstracción e acércanse polo outro ao hiperrealismo, como despois comprobará o visitante, hai unha especie de harmonía cromática no ambiente que, ata que se visualizan os cadros de xeito individual, fai que o espectador non se decate tan axiña como sería de esperar, é dicir, instantaneamente, onde remata a obra de un e comeza a do outro.

A chica do Pazo (Sozonov) |
A chica do Pazo (Sozonoz) |
Empezarei polo final. Porque alí, ao fondo da galería, están colgados catro nus de Sergey, que conforman a serie “La chica del Pazo”, que, sen dúbida, están entre os mellores que vin en moito tempo. Estou seguro de que a súa ubicación non ten outro obxectivo que o de dotar ao conxunto desa harmonía da que falaba antes, e non ten nada que ver co que o escritor Javier Marías chamaba acertadamente, na miña opinión, “as sete pragas do politicamente correcto importadas dos Estados Unidos”, ou co actual tsunami de puritanismo impulsado pola mesma xente que tenta volvernos ao século XIX ou anteriores, se cadra, e que, sorprendentemente, empeza a ter consecuencias, espero que puntuais e anecdóticas, no ámbito artístico.
Retrato de vello (Sozonoz) |
Véxase o caso de Balthus no Museo Metropolitano de Nova York ou o máis recente da Galería de Arte de Manchester, no que o afectado foi J. W. Waterhouse e o seu “Hylas e as ninfas”, de 1896, tema este último do que Miguel Anxo Murado fíxose eco nun espléndido e irónico artigo publicado na Voz de Galicia.
Contaba o artista italiano Oliverio Berni que, cando empezaba, quixo que o pintor Mario Radice, que practicaba a abstracción xeométrica, lle ensinase a súa técnica. Este contestoulle que só o faría cando lle levase un “nudo di donna meravigliosamente dipinto” (enténdese, non?) que o convencera de que tiña base técnica abondo para empezar. Tardou nove anos en conseguilo.
Non sei canto tardou Sergey en conseguir esos seus nus marabillosamente pintados, pero estou seguro de que o mestre Radice, se aínda vivira, que non, estaría encantado de admitilo no seu estudio, pero penso que Sergey deixou atrás, atrévome a dicir que afortunadamente para a maioría dos afeccionados á pintura, a abstracción xeométrica coa que nos sorprendeu, agradablemente, hai que dicilo tamén, coa súa primeira exposición no Novo Club hai algún tempo.
Algunhas das pinturas que mostra Sergey nesta exposición xa llas vin noutras ocasions,
pero un acércase a elas non pensando que “isto xa o vin” e pasa, senón que aproveita para recrearse outra vez na súa execución, no seu cor, na súa luz....; na atmosfera que envolve ás figuras. Un non se cansa de ver, por exemplo, a súa lectora ou os seus retratos de vellos. Nestes últimos, malia súa aparencia hiperrealista, con cada unha das engurras dos curtidos rostros perfectamente refrexada no lenzo, un descubre unha pincelada solta e decidida que denota unha mestría que só os máis dotados conseguen no pouco tempo que, ao parecer, leva Sergey pintando.
Non sei canto tardou Sergey en conseguir esos seus nus marabillosamente pintados, pero estou seguro de que o mestre Radice, se aínda vivira, que non, estaría encantado de admitilo no seu estudio, pero penso que Sergey deixou atrás, atrévome a dicir que afortunadamente para a maioría dos afeccionados á pintura, a abstracción xeométrica coa que nos sorprendeu, agradablemente, hai que dicilo tamén, coa súa primeira exposición no Novo Club hai algún tempo.
Señor e señora Vázquez (Dopico) |
pero un acércase a elas non pensando que “isto xa o vin” e pasa, senón que aproveita para recrearse outra vez na súa execución, no seu cor, na súa luz....; na atmosfera que envolve ás figuras. Un non se cansa de ver, por exemplo, a súa lectora ou os seus retratos de vellos. Nestes últimos, malia súa aparencia hiperrealista, con cada unha das engurras dos curtidos rostros perfectamente refrexada no lenzo, un descubre unha pincelada solta e decidida que denota unha mestría que só os máis dotados conseguen no pouco tempo que, ao parecer, leva Sergey pintando.
Sireno (Dopico) |
Diego Pérez Dopico, que ás veces firma como J. Peak, non sei se atendendo á temática do cadro ou a unha cuestión cronolóxica, é unha sorpresa cada vez que expón. A variedade de técnicas que abarca é grande. Ven da pintura dixital, sistema no que o software do ordenador sustitúe aos tradicionais pinceis, espátulas, óleos ou acuarelas para crear unha obra, que, logo de rematada, se imprime. Ten utilizado fotografías propias, que, mediante un complexo procesado, transforma en algo totalmente alleo ao realismo inherente á fotografía. Outras veces pinta directamente na pantalla coas ferramentas que a informática lle ofrece, con resultados abstractos, expresionistas ou tan figurativos como nese momento lle cadre ao artista.
Cadro (Dopico) |
Algún día decidiu que un pintor “de verdade” tiña que mancharse e ulir a pintura e o augarrás, e pasouse ao óleo. Non sei se a transición se lle fixo difícil, pero polo que agora podemos ver, non tivo moitos problemas e manexa pinceis e espátulas cunha soltura envexable. Nalgunhas das obras que expón, a textura é un elemento moi destacado, quizais nun intento de apartarse, sequera momentaneamente, da pulida superficie que proporciona a obra dixital impresa. Porque unha das virtudes de Diego é a súa constante busca, transitando polos máis variados camiños para conseguir plasmar de xeito que o satisfaga a obra que lle xurde na cabeza.
Cadro (Dopico) |
Tampouco descarta ningunha temática, e atrévese co retrato e a figura, coa paisaxe ou a denuncia social, coa abstracción... Algún dos seus cadros son máis complexos do que a primeira vista pode parecer, e conteñen elementos que contan historias difíciles de descubrir se un non ten a sorte de que o propio artista llas explique. Pero así foi sempre a Arte e só os iniciados poden acceder á lectura total do significado dalgunhas obras.
Agora está nunha nova fase de experimentación, e realiza os seus cadros máis recentes con pulverizadores de pintura, sprays para mellor entendernos, creando, nunha curiosa reviravolta artística, composicións abstractas xeométricas de singular beleza.
Cadro (Dopico) |
Así de sorprendentes son os camiños da Arte, que os dous artistas parecen recorrer en sentidos opostos. Agora expoñen xuntos nunha mostra absolutamente recomendable, na que conviven dous modos ben distintos de ver e facer a pintura, pero que, seguro, nalgún punto se entrecruzaron.
Texto: Álvaro F. Polo
Fotos: O. D. Cachán
Ningún comentario:
Publicar un comentario