![]() |
Entrada no Museo do Mar Ría do Barqueiro (foto Torres) |
Un grupo de amigos de Terras do
Ortegal, acompañados pola asociación
Nordés do Barqueiro, xunto a Charo —a mellor guía do mundo— e Pedro, que non parou de sacar fotos, pasamos
unha tarde inesquecible recordando vellos tempos tan añorados por todos.
Pillamos a entrada, sentámonos nas
butacas, falamos no ambigú, acariñamos o
proxector VANGUARD VIII, en moi bo estado de conservación, pechamos os ollos e cada quen lembrou unha película…
Eu, para estar máis tempo soñando, optei
por “Lo que el viento se llevó”, e
abofé que pagaría por vela unha vez máis naquel magnífico ambiente, e facendo
‘manitas’ que para iso tamén se ía ao cine. Iso si, faltábanos Daniel, que
tal vez poñería na segunda sesión “Veinte
mil leguas de viaje submarino” ou
“Moby Dick”.
![]() |
Gonzalo e Matilde recordaron vellos tempos no ‘Salón de baile’ (foto Luli) |
Pero imos ver que o noso ‘Capitán Nemo’ particular, dende a distancia que media con Madrid, nos tiña preparada a mellor sorpresa para que seguíramos disfrutando da tarde: un fantástico Museo do Mar (accesible aquí) no que nos mergullamos con gusto, coincidindo tódolos presentes en que: «Vaia traballo de colección».
![]() |
O fotógrafo Pedro Díaz Tirsio, colaborador con Daniel Beaz na exposición (foto Luli) |
Que marabilla! Cincocentos metros cadrados cheíños de mar, de aparellos, nasas, cunchas, barcos, peixes, maquinaria, fotografías e todo aquilo que ventea fascinación por deixar constancia á vindeiras xeracións do que traballaron os nosos antergos.
Saúde e moitas grazas a don Daniel
Beaz Paleo por xestionar dende a distancia a visita perfecta, desexamos que
axiña se faga realidade o seu capricho de capturar un ‘calamar xigante’ para que luza vizoso no
museo.
Luly
Dopico
(Artigo publicado no semanario La Voz de Ortigueira, venres 20.10.17)
Ningún comentario:
Publicar un comentario