xoves, 14 de setembro de 2017

Peche da fundación Ortegalia

.




Foron varias as persoas que durante o verán nos teñen preguntado polo peche da fundación Ortegalia, o organismo que impulsaba a actividade cultural en Ortigueira. En termos estrictos, a fundación –que saibamos- segue existindo, e os que están pechados son os dous edificios onde desenvolvía o seu labor, situados na rúa do Salgueiro, a carón da praza das Tres Farolas ortegana: o principal (un fermoso edificio que foi antiguo cine), que contén determinadas coleccións arqueolóxicas e unha mámoa de lousa, así como o  situado enfrente, onde estaban as oficinas da entidade.

No blog da fundación, que segue sendo accesible por internet (non así a web propia da fundación, www.ortegalia.es, que conduce a outra cousa) a última noticia é do 2 de febreiro deste ano, e trata da inauguración dunha exposición, ademáis dun aviso, sen data, que indica: “O museo permanecerá pechado ata novo aviso. Desculpen as molestias”.

Como se sabe, a Fundación Ortegalia foi  creada no ano 2000, e tiña por obxectivos principais a protección, recuperación e difusión do patrimonio histórico, monumental e paisaxístico. Está rexida por un Patronato, do que forman parte o concello de Ortigueira, a deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e outras entidades, que deberían soster economicamente a sua continuidade.
Desde antes do verán os edificios están pechados, e as 2 persoas que traballaban alí, a directora, Enma Sandá, e a responsable do parte museística, Marta Fraga, cesaron no seu labor; non hai - que saibamos- ningunha nota oficial do Patronato que informe da situación actual e do futuro da fundación en sí, dos edificios (propiedade da Xunta de Galicia), dos bens materiais da fundación e dos inmobles adscritas á fundación (Muiño de Mareas de Senra, casa de Couzadoiro, etc.), unha eiva informativa que é criticable.


Sería interesante que o concello de Ortigueira puidera recuperar a xestión e uso dos edificios, que contan cunha sá de conferencias moi útil e ben preparada, onde TERRAS DO ORTEGAL ten desenvuelto diversas charlas e tertulias desde hai varios anos. Pola nosa parte queremos agradecer a Enma e a Marta a súa colaboración durante todo o tempo que estiveron traballando alí, e recoñecer o seu traballo de impulso cultural e lamentar o seu cese.
.

Ningún comentario:

Publicar un comentario