O próximo dia 20 de maio, mércores, ás 7.30 da tarde, presentaremos a nosa revista, Terras do Ortegal, co seu número 1, no Ateneo de Ferrol, que nos trasladou a sua invitación hai xa varias semanas.
A presentación está enmarcada nunha mesa de presentación de revistas locais xunto coa revista Hume, de As Pontes, e a revista Columba, de Covas (Ferrol). Trátase da continuación doutra xornada desenvolvida no mes de marzo na que se presentaron outras revistas do ámbito histórico cultural da bisbarra, como a revista Cátedra (Pontedeume) e a Revista de Neda, así como a revista Murguía, de ámbito galego
faremos a presentación do número 1, de 2014, aínda vixente mentras seguimos preparando o número 2, que sairá nuns poucos meses).Agardamos que os ferrolanos e a xente da nosa comarca (Cariño, Cedeira, Cerdido, Ortigueira e Mañón) que residan en Ferrol poidan asistir á presentación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario