É un pracer anunciar que mañá xoves, 4 de novembro, presentaremos en CEDEIRA o número 3 da revista. Temos que agradecer ao concello de Cedeira e en especial á concelleira de Cultura, María Xosé Rodríguez, a colaboración para poder celebrar este acto, que se celebrará no Palacete Municipal ás 20.00 h.
O acto contará coa participación de:
- - Vanesa Trevin, vogal da asociación, arqueóloga e
concelleira de Patrimonio de Ortigueira
- - Javier Martínez Prieto, vogal da asociación,
investigador e párroco de Santa Marta de Ortigueira.
- - Carlos Breixo, historiador e Cronista Oficial de
Ortigueira
- - Rafael Usero, historiador e Cronista Oficial de
Cedeira
Trátase da primeira vez, nos tres anos de vida da revista
que se fai unha presentación en Cedeira, e que coincide coa presenza das revistas
nas librerías de Cedeira, onde se poden atopar tanto o número 3, correspondente
a este ano 2016, como os 2 anteriores, correspondentes a 2014 e 2015
PD.: Distribución da revista
Aproveitamos para informar que desde a semana pasada a revista está presente tamén en
Viveiro (librería Porta da Vila), ampliando os puntos de ventas que existían
ata agora:
- Cariño (lib Abrente e lib Agarimo)
- Cedeira (Lib La Paz e Lib
Margaride)
- Ortigueira (Lib Fojo, Lib Ramos e Lib 3es)
- Vicedo (Lib Abrela)
ás que agradecemos a sua colaboración.
Podes mercalos seguindo a hiperligazón http://www.centrallibrera.com/libro/o-segredo-da-runa_234894 Librería Central Librera calle Dolores 2 15402 Ferrol Tfno 981 35 27 19 Móvil 638 59 39 80 centrallibrera@centrallibrera.com
ResponderEliminar