.
O fotógrafo ortigueirés Jesús Manuel Giz Novo, Suso
para os amigos, presentou na Galería IN, de Espasante a súa obra AMAZIGH, unha
viaxe de realidade que puidemos ver na última quincena do mes de xullo. Amazigh
é unha serie de fotografías a cor que Jesús Manuel tomou na súa viaxe ás dunas
de Erg Chebbi, Marrakech e na fronteira de Marrocos con Arxelia, unha mostra
que presenta paisaxes, mercados e retratos do pobo Amazigh, mais coñecido como
o pobo bereber.
Esta
poboación está localizada no corazón do país, a súa lingua e cultura son
milenarias e sempre foron discriminados e relegados a un segundo plano polo Islam.
"Desnudo". Propieddad Obdulia Dopico
|
Jesús
Manuel Giz Novo é Enxeñeiro Industrial de profesión, pero o que lle gusta é ser
fotógrafo, plasmar a realidade da vida. A súa formación artística comeza na
pintura no ano 1985, na Asociación Ortegana “Amigos del Arte”. No ano 2010 decide profundizar na fotografía
dixital, participando en numerosos cursos, talleres e seminarios. Na
actualidade é membro de Expofoto Galicia, Posición B e de Galioart (Ortigueira),
onde colabora na realización e organización de talleres, como o que realizaron
no último Festival Celta, a pé de rúa.
O seu
próximo traballo será unha reportaxe fotográfica sobre as Terras do Ortegal,
segundo anunciou na presentación de Amazigh, na que estivo rodeado de
familiares e amigos que o felicitaron pola beleza e impacto das instantáneas
realizadas en Marrocos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario