O espléndido edificio do escolar de San Claudio |
Os días 10 e 11 de xullo, tivo lugar en San Claudio a homenaxe aos fundadores do Escolar da parroquia. As actividades, organizadas pola Asociación Centro Cultural Libro Vivo, iniciáronse o sábado, 10, cunha exposición oral e presentación audiovisual a cargo de J. Carlos Breixo, Cronista Oficial e veciño da parroquia, que iniciou os actos lendo a noticia tal como publicaba Extensión Agraria, un semanario conservador que falaba de que o mellor modelo de educación era fixarse na vida do Neno Xesús, pero que axiña cambiaría de opinión ao decatarse de que o centro pretendía ser laico.
Carlos Breixo nun momento da súa disertación |
Falou Carlos sobre o gran exemplo da sociedade daqueles primeiros ortigueireses en América, a onde marchaban pais e fillos, moitos deles nenos, sobre todo varóns, xa no ano 1847, e da obra levada a cabo polos benfeitores que un día emigraron buscando unha vida mellor, mais non esqueceron a súa terra e seguiron colaborando e enviando cartos, que tamén se destinaron a ampliación da igrexa e construción da torre. na propia parroquia
O fermoso val de San Claudio, coa ría ao fondo |
A presentación do audiovisual dos cen anos de historia do local e da parroquia, rematou cun forte aplauso para Andrés Piñón.
O domingo, 11, ás doce horas, plantouse un magnolio na honra dos fundadores da Sociedade San Claudio, que dera lugar a comezo dos anos trinta do século pasado á San Claudio Sociedad Pro Instrucción y Recreo Mutuo.
Iván Pérez, actual presidente da asociación Libro Vivo |
Os veciños asistentes aos actos foron convidados a unha degustación de produtos galegos, tomándose as medidas necesarias dado a situación actual provocada polo Covid-19.
A actual directiva da Asociación está formada por: Iván Pérez (presidente), Diego Chao (vicepresidente), Diego Bellas (secretario) e Juan Rodríguez (tesoureiro).
--------------------
Texto e fotos: Luli Dopico
Ningún comentario:
Publicar un comentario