xoves, 27 de abril de 2017
Presentación de O segredo da runa, de Luli Dopico, no Instituto de Ortigueira
Contar coa presenza dunha escritora nun instituto é sempre un luxo; se ademáis esa escritora é da zona, a sua presenza convírtese nun acto fraternal.
E así foi hoxe no IES de Ortigueira, ao que acudiu Luli Dopico para presentar a súa última obra, a novela O segredo da runa, editada pola asociación Terras do Ortegal.
A invitación foi feita por Gumersindo Martínez, profesor de Lingua e Literatura Galega no citado centro educativo, para presentar o último libro editado no noso concello aos alunos de 1º de bacharelato.
O acto contou tamén coa presenza de Álvaro Fernández Polo, afamado fotógrafo de natureza, e autor das fotografías que ilustran a obra e salientan os lugares claves onde se desenvolve a trama da obra. Asistiu tamén o seu home, Chente, para colaborar na proxección do video coas fotos, así como Charo Suárez, amiga da autora e compañeira na experiencia cultural de edicións O Paporroibo nos anos 90, e que está reflexada na obra.
Luli, ademáis de presentar a súa novela, fixo entrega de dous exemplares da mesma para a Biblioteca do Instituto, así como outro de A pena das calandras, a súa novela anterior, e primeira das protagonizadas pola garda civil Tona Andújar, a personaxe creada por Luli.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario