.
Recordou Breixo que a nosa vila recibe este nome dende o ano 1255
ó través do Foro de Benavente, e subliñou a importancia que xa tiña, polos
privilexios que lle foron concedidos e que ficaron reflectidos no porto, que xa
tiña categoría internacional, sendo a madeira o principal produto a exportar;
nas feiras das que gozaba e, tamén, coma non, na categoría de fillosdalgo dos
poboadores de Ortigueira. Coma sempre, Breixo acompañou a amena conferencia con
nomes relacionados con nós, facendo fincapé en Rodrigo Gómez de Trastámara, e
datos, produtos do seu traballo de incansable investigador e, cos cales, foi
quen de deseñar a nosa vila naquela época: o tamaño e a distribución dos muros
do castelo, a ría, a torre do concello. Aproveitou para lembrar as figuras dos
seus antecesores Federico Maciñeira, Julio Dávila e Laureano Álvarez, fontes
nas que bebeu e que ten sempre no seu recordo.
Coma sempre, soubo a pouco, e desexamos que esta conferencia sexa
a primeira dunha saga que nos vaia achegando á nosa vila actual, como se foi
desenrolando e, deste xeito, nos facer partícipes das vivencias dos nosos
devanceiros ata chegar ó que hoxe coñecemos e gozamos.
Entre os alí presentes distribuise, como agasallo, un libro
editado por mor do nomeamento de Carlos Breixo como cronista o día 4 de abril
de 2015; libro, ás claras, que tamén pasa a formar parte de esa historia que
estamos a falar, e no cal, as palabras verquidas por Vicente Peña e o mesmo
Breixo non deixan indiferente a ninguén que sexa ortegano de seu.
MANEL
Ningún comentario:
Publicar un comentario