1. Novo catálogo colectivo, ao que se pode acceder aquí
2. Utilidade do carnet da Biblioteca de Ortigueira para acceder como usuario e ao préstamo de libros, películas e resto de materiais dunha longa xeira de bibliotecas galegas. Entre elas:
- Bibliotecas municipais: Oleiros, Laxe, Sanxenxo, Ortigueira, Ferrol e Vigo (Neira Vilas)
- Bibliotecas públicas da Xunta de Galicia: Lugo, Ourense, Pontevedra (BP Antonio Odriozola), Vigo (BP Juan Compañel) , Santiago de Compostela (BP Ánxel Casal) e A Coruña (BP Miguel González-Garcés).
Ao catálogo poden acceder todas as persoas que teñan un código de usuario e contrasinal; os que non os teñan deben solicitalo na Biblioteca correspondente, algo ben sinxelo.
Aproveitamos para difundir un interesante e vistoso gráfico confeccionado polo persoal da biblioteca ortegana no que se recollen as cifras de libros prestados, usuarios, visitantes, etc.isto é a actividade durante o pasado ano 2015.
Ningún comentario:
Publicar un comentario