Nunha charla celebrada o pasado venres, 16 de outubro na Casa da Cultura da Abarqueira (Cerdido), o historiador Carlos Breixo reivindicou o paso do Camiño de Santiago polas terras o Ortegal e da Mariña occidental.
O investigador e
Cronista Oficial de Ortigueira, que foi presentado por Cándido Prieto, Concelleiro
de Facenda e Turismo de Cerdido, laiouse de que por algunha razón escura, cando
se difundiu o fenómeno “xacobeo”, nos anos 90 do pasado século e nos primeiros
anos deste, a Xunta de Galicia oficializou que o camiño norte francés, tralo
paso por País Vasco, Cantabria e Asturias, entraba en Galicia por Ribadeo, onde pouco despois, nunha
reviravolta extraña doblaba ata Mondoñedo e Vilalba,
esquecendo –sen que os gobernantes da nosa zona fixeran nada- a nosa comarca.
Isto motivou que
moitos investimentos e recursos económicos destinados á conservación dos
camiños, execución de albergues, realización de guías, rotulación de camiños
rurais, etc. fuxisen para outras zonas sen máis méritos que a nosa.
Carlos achegou na
disertación documentos fehacientes como escritos e mapas; un exemplo foi unha
acta do Concello de Ortigueira de 1692 –conservada no Arquivo Municipal de
Ortigueira- que documenta o paso do “camino francés” (sic) a Santiago polas
nosas estradas; achegou outros datos para reafirmar a súa posición, como
publicacións do Cronista Oficial de Cedeira, Rafel Usero, e doutros
investigadores.
Ao tempo, sen
fuxir de polémicas, tachou de invento o chamado “Camiño Inglés” , suposta ruta
entre Ferrol e Compostela, que nunca existiu.
Finalmente, alentou aos concellos da comarca –no acto
estaban presentes entre o públicoos alcaldes de Cerdido e Cariño- e da Mariña
occidental lucense, a facer esforzos comúns para reivindicar o que nos
corresponde
Ningún comentario:
Publicar un comentario