O pasado sábado 7 de marzo, iniciamos o noso ciclo de tertulias coa participación de Hixinio Puentes Novo, recentemente proposto para ser Cronista Oficial do Concello de Mañón, se ben a proposta está en estudio.
A traxectoria investigadora de Hixinio, vense centrando sobre todo na
historia dos naufraxios ocorridos na Comarca do Ortegal, que se concentra en
tres obras básicas: Os Naufraxios da Galicia Norte, en dous volumes, editados por
Edicións Lea, en Santiago de Compostela, no ano 2003 e no 2005 respectivamente,
e A
Galerna de 1961, sobre un intenso temporal que asolou con forza a localidade de Cariño.
Foron obxecto de exposición nesta
tertulia, algúns dos naufraxios ocorridos entre finais do século XIX ata os
anos 90 do século XX. Despois dunha contextualización sobre as características
da ría, e os elementos climáticos que a afectan, Hixinio foi comentando algúns dos naufraxios
máis salientables, para rematar con unha ronda de preguntas.
O acto foi presentado por Manel Bouzamaior, e
comezou coa contextualización do tema por parte de Francisco Calvín, ambos
membros da directiva da Revista Terras do Ortegal.
Queremos dar as grazas a todos cantos participastes desta tertulia, e a
todos os asistentes á mesma. Agardamos o mesmo éxito para as seguintes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario