| Retrato-caricatura de Julio Dávila por Francisco Fortuny. En Bós Aires, arredor de 1907 |
venres, 11 de agosto de 2023
Curiosidades de “Nombre genérico de los hijos de Ortigueira I e II”, de Julio Dávila, reeditado por Terras do Ortegal
mércores, 9 de agosto de 2023
CARIÑO, UNHA HISTORIA FRONTE O MAR, un documental importante
![]() |
| Captura de pantalla do documental . |
O local social de Cariño quedou pequeno, o pasado 4 de agosto, pois o traxe da historia local, a máis grande por ser a nosa, precisaba un manequín máis axeitado e así foi que fixeron falta dous para que o xastre non tivera que arranxar o traxe cuxa costura é obra de Alejandro Ramil. Dous pases do documental e aínda así con calzador. Isto acontece cando nunha sala se vai expoñer un tema que toca directamente ó pobo, ó noso devir, porque alí se agochan as respostas que sempre nos facemos: Por que estamos aquí? Por que somos deste xeito? Quen nos moldeou?... e iso atopámolo na nosa historia local, nela temos o tronco común do cal aínda seguimos brotando nunha ramificación sen fin.
![]() |
| Carlos Breixo, Emilio Ramil, Manel Bouzamayor e Lois Armada momentos antes do comezo do acto |
“Cariño, Unha historia fronte o mar”. O título do documental que se ía expoñer non podía ser máis definitorio e os nomes dos que ían intervir tamén achegábanlle un pulo cara a incrementar o interese creado: Carlos Breixo, Lois Armada, Anxo Rosende, Emilio Ramil, a súa filla Sara e o patrón Andrés Novo.
O Cronista Oficial de Ortigueira, Carlos Breixo, da comezo ó documental do mellor xeito posible cando nos conta que os primeiros datos oficiais de Cariño lévannos ó século X, nin máis nin menos, ligando despois coa intervención de Sara Ramil na que nos fala da formación xeolóxica da serra da Capelada, a nosa protectora nai pois Cariño agromou e adquiriu entidade no seu seo, a serra o protexeu e o mar o alimentou. Os moitos abrigos naturais que ela ten foron o lugar máis axeitado para os primeiros asentamentos, o xerme da poboación que hoxe é Cariño e os seus arredores. Os utensilios de sílex alí atopados, en lugares coma o Chao do Limo, non fan máis que subliñar e dar fe desta afirmación, mágoa dos túmulos desfeitos mais sabemos dalgúns sen escavar, aínda virxes, coma o da Garita de Herbeira.
![]() |
| Unha panorámica da veciñanza de Cariño, que enchía a sala |
Emilio Ramil intervén para nos falar dos castros e a importancia deles na zona pois abranguen un período tan amplo coma o que vai do século III A.C. ó século III D.C. e cuxas escavacións, como a feita no castro de Espasante ou no Sarridal, en Cedeira, nos informan de que non eran meras residencias senón que o comercio e a comunicación entre eles, así como a forma de vida nos mesmos fainos pensar nun gran desenvolvemento social. En San Xiao de Trebo temos unha boa proba dun asentamento deste calibre pois estivo habitado ata os primeiros anos da Alta Idade Media. A capela alí existente, de feito, non é senón a apropiación polos primeiros cristiáns dun lugar de culto pagán, tal e como se fixo no resto dos países durante os primeiros anos da cristianización.
![]() |
| Outra panorámica do publico . |
Seguindo co devir dos séculos atopamos o Castelo do Casón, do século X, un refuxio imprescindible para os poboadores cando os normandos e musulmáns acometían algunha das súas razzias, aínda que os peregrinos que por alí pasaban camiño de San Andrés de Teixido tampouco lles viña mal coma lugar de acougo ou da axuda que puideran necesitar.
Cariño, comenta Breixo, nace ó carón do castro alí existente, axudado pola protección obtida por catro garitas, sendo as máis extremas a de Herbeira e a da Vela de Espasante. Sen embargo non é unha poboación importante; sen ir máis lonxe, a comezos do século XIX a poboación da Pedra duplicaba o número de veciños de Cariño (porto que formaba parta da parroquia da Pedra), foi a partires de 1880 cando comeza a cambiar a situación coas primeiras fábricas de salgado e o mundo da pesca relacionada con elas, de feito en 1910 o Porto de Cariño xa é o núcleo máis poboado do Concello de Ortigueira.
![]() |
| Emilio Ramil explicando algúns pormenores do documental |
O patrón Andrés Novo aproveita o documental para nos dar a coñecer coma era a vida no mar e coma os caladoiros, que semellaban inesgotables, foron indo a menos. O no saber adaptarse, e non ter coñecementos e relacións coas administracións foi o xerme da decadencia do Porto de Cariño, algo ben aproveitado por outros coma Celeiro ou Burela.
Todos os intervenientes rematan falando das posibilidades de crecemento que ten Cariño seguindo no mundo da pesca e apostando por un turismo de calidade, coma apunta Breixo: non pode ser que todo que comamos ou bebamos veña de fora.
Pouco máis de media hora de documental, o xusto e necesario para saber que a mellor ferramenta para construír o futuro máis axeitado e botar unha ollada ó pasado.
---------
Texto: Manel Bouzamayor
Fotos: Mariño
martes, 8 de agosto de 2023
6º “Obradoiro de Fotografía Documental de Rúa” do Festival do Mundo Celta de Ortigueira
![]() |
| Foto final do 6º Obradoiro (Fonte: Galioart) |
Un ano máis a asociación cultural Galioart promoveu e organizou o Obradoiro de fotografía documental de rúa, sendo esta a súa sexta edición. Ao igual que aconteceu no festival, onde houbo unha afluencia moi importante de público, o obradoiro completouse por primeiro ano, entre outros factores atribúeno á normalidade sanitaria e ao docente, Brais Lorenzo, un fotógrafo relativamente novo pero cun curriculum cheo de premios e recoñecementos, como pode verse na súa páxina web. Ademáis leva colaborado cos principais medios de prensa do noso país e do estranxeiro.
Brais foi gañador no ano 2022 dos premios KSADO da deputación da Coruña coa súa serie LUME sobre os incendios forestais, que estivo exposta as navidades pasadas na sala de exposicións do claustro do noso concello. Brais é membro do colectivo Ollo que conta con 5 xoves periodístas máis e que están visibilizando o novo fotoperiodismo por múltitude de lugares da nosa xeografía, con traballos expostos agora mesmo, nas rúas de Ourense, Ferrol ou A Coruña.
O antigo matadoiro municipal de Ortigueira, sede agora de Galioart, estivo cheo durante tres días de vída e de fotografía. A asociación trata de encaixar a proposta do docente e neste caso Brais, propuxo un obradoiro para o desenvolvemento dun multimedia, onde combinarán a fotografía, o son e o video para transmitir dun xeito máis novedoso as sensacións do festival.
A asociación incide sempre na idea de colectividade pois para eles é compartir, aprender e apoiar, deixando de lado o “ego artístico” para traballar todos nun proxecto común. Proxecto é este, tanto en cada obradoiro como proxecto a medio prazo coas 6 edicións realizadas até o de agora.
O compromiso da asociación coa fotografía documental galega queda reflexado nos criterios de selección de docentes, indican que teñen pendente de traer a algunha muller docente pero até o de agora non lles foi posible.
Cando dentro do ámbito fotográfico se cuestiona se o fotoperiodismo ten cada vez menos sentido neste mundo “case virtual” e tratan de buscarse novas linguaxes fotográficas para o fotodocumentalismo como única posibilidade de dar visibilidade a ese tipo de traballos, é cando, xente coma Brais ou os seus compañeiros do colectivo Ollo danlle un novo valor ao fotodocumentalísmo “tradicional”. Sempre haberá historias que contar, coas que conmover, remover conciencias e dar visibilidade a situacións que ocorren no noso mundo, a autoría ou a visión fotográfica importa moito para que esas imaxes resonen entre o público e aporten algo “novo”. Pódense ver os multimedia de Brais sobre a COVID e a serie Lume na súa páxina web.
Para contar ben unha historia é preciso meterse dentro dela, e iso é o que se intenta facer no obradoiro, coa lóxica limitación de tempo, para, ás veces, conseguir algunhas imaxes que o conseguen. Así, ano tras ano, o propio obradoiro vai ter un valor documental moi importante.
Jesús Giz, organizador xunto con Diego Perez Dopico do obradoiro, quere trasladar unha serie de agradecementos por todo o apoio recibido para levar a bo porto esta sexta edición do obradoiro.
1 – A todos e cada un dos participantes pola súa asistencia, confianza, tempo e boa predisposición, está claro que sin eles non sería posible, os ingresos das matrículas son os que permiten facer fronte aos gastos do obradoiro e pago ao docente. Agradecen dobremente aos que repetín asistencia, algún por 4 ou 5 edicións.
2 – Aos 50 participantes durante estas 6 edicións, así como aos docentes Alberte A. Pereira, Xulio Villarino, Tono Arias e Eutropio Rodriguez que foron fundamentais para chegar a este punto.
3- A todos os que desinteresadamente colaboran na difusión do obradoiro a través dos distintos medios, redes sociais, páxinas web e o máis importante de todos, o boca a boca.
4 – Ao alcalde Valentín Calvín pola súa asistencia e palabras de alento o domingo no peche do obradoiro, a Ángel Lozano, concelleiro do Festival do goberno saínte e á dirección do festival e ao responsable de prensa por toda a colaboración para posibilitar o bo desenvolvemento do obradoiro.
5 – A Francisco Javier Martínez Prieto, párroco de Ortigueira, por estar ahí sempre que se precisa algo e pola cesión do proxector unha vez máis..
6 – Ao docente, Brais Lorenzo, que nada más lle pedimos que impartise o obradoiro estivo plenamente dispoñible, sempre positivo e achegando ideas coa mellor predisposición. A súa xenerosidade como docente foi moita, ensinando o seu fluxo de traballo e comentando o que supón e como ve el a fotografía, cecais esa xenerosidade foi a que fixo que o ambiente do obradoiro fose fantástico a pesares de ser o obradoiro máis numeroso en canto a participación.
7 – A Iván Castro, cámara da CRTVG pola súa axuda en certos aspectos da organización e impartición do obradoiro, contínuo apoio e por ensinar o traballo que leva desenvolvendo durante xa 6 edicións do festival dende a primeira edición do obradoiro.
8 – Aos que en Galioart, limpan, ordean, manteñen este local onde a pedra se desfai por AMOR Á ARTE, en especial a Diego Pérez Dopico, Billy, é ás miñas fillas Eire e Jara por todo o que traballaron e ordearon.
Agora toca agardar a que rematen o multimedia que non foi posible rematar durante a realización do obradoiro e teñen intención de presentalo como é debido para que poda chegar a un público o máis xeral posible traspasando as barreiras do público fotográfico.
Rematar dicindo que xa comezan a pensar e argallar que facer para o ano 2024 no sétimo obradoiro.
Podedes consultar información sobre o obradoiro na páxina web onde hai un apartado específico para este taller ou no grupo de Facebook e instagram Galioart.
-------------------
martes, 1 de agosto de 2023
Presentación do libro de D. Julio Dávila "Nombre genérico de los hijos de Ortigueira I e II (1903-1904)"
![]() |
| De pé, o alcalde Valentín Calvín comeza o acto. Na mesa, Manuel Bustabad, Carlos Breixo, Beatriz Dávila e Bernardo Penabade (Foto Fina Villasuso) |
- D. Julio Dávila aínda segue con nós.
- No ano 1971 dixemos adeus a un home, mais o cadaleito ficou mal pechado, de cando en vez a alma de don Julio céibase e volve a facernos compaña, con regularidade, coma xa fixera en vida, coma unha andoriña que volve ó seu niño, en palabras de Anxo Rosende. E volve para lle dar outra volta de torca a calquera dos inxentes escritos en forma de ensaios, contos ou novelas nos que o protagonista ou o marco onde se desenvolven ven sendo a nosa bisbarra e Santa Marta, a onde sempre quixo regresar a pesares dos sentimentos encontrados que aquí chegou a atopar nos seus comezos de home con inquedanzas.
Mais este intenso e extenso traballo feito por este gran autodidacta, pola súa amplitude e polo seu contido, deixou necesariamente un ronsel de coñecemento e sabedoría ao que temos que recorrer os que queremos seguir esculcando esta terra e espallar as sementes culturais. Pode acertar ou estar errado, pode gustarnos ou non, mais Julio Dávila é un comezo necesario, sen dúbida, para guindar do fío que nos faga ver a luz porque, coma di o profesor Bernardo Penabade, hai que definir a Dávila coma un dinamizador cultural, a mellor maneira, claro, de lle dar vida ás sombras.
![]() |
| Outra imaxe do acto, con 4 dos 5 participantes na mesa de presentación (Foto Victoria Díaz Castañeira) |
![]() |
| Índice da reedición facsimilar, editada por Terras do Ortegal |
A súa neta, Beatriz Dávila, achegounos á súa faceta máis familiar; tamén Manuel Penabad Rapa, quen enfocou a diatriba arredor do noso xentilicio baseándose no enfrontamento daquela época entre o galego e o castelán ou, o que vén sendo o mesmo, rexeitar o galego do populacho e abranguer o castelán culto das clases con máis poder, con respecto a isto é curiosa a resposta dada por un dos consultados por Dávila, o Sr. Riguera Montero, da Academia Española do Uruguay, e cuxa resposta tamén publicou nas páxinas de La Voz de Galicia da época, da que podemos destacar a seguinte frase: “sería urticarienses, entre personas cultas y eruditas; y ortigueiranos u ortigueireses, en el uso común y vulgar”.
![]() |
| Cartel anunciador do acto |
O evento rematou coas palabras, sempre fermosas e ben estudadas, do profesor Bernardo Penabade quen identificou o traballo de Dávila no contexto caciquil e interesado da época o cal foi, sen dúbida, un dos fundamentais atrancos para un home que tan só quería saber, e dar a coñecer, algo máis da terra que o veu nacer.
Un pequeno e agradable faladoiro entre os compoñentes da mesa e o público asistente axudou a enriquecer o acto e lle dar un floreo tal que recollemos coma un pulo en aras de continuar “cultivando culturalmente” estas terras.
------------------------------------
Texto: Manel Bouzamayor
Fotos: as persoas indicadas
venres, 14 de xullo de 2023
Presentación do nº 15 da revista Hume nas Pontes. Éxito de asistencia para unha revista consolidada
![]() |
| Portada da nova revista Hume, co farmacéutico ortigueirés Marcial Lens á dereita |
Acudir a As Pontes, á presentación dun novo número da revista Hume, neste caso o 15, é xa un rito anual para Terras do Ortegal. Hai que lembrar que a idea da nosa revista naceu en 2013, e materializouse co nº 1 en 2014, tras acudir varias veces ás presentacións que facía Hume nas Pontes.
O evento tivo lugar o pasado 6 de xullo na Casa Dopeso, un dos auditorios, modernos e amplos, cos que conta a localidade pontesa, que practicamente se encheu coas máis de 170 persoas interesadas pola cultura e a historia, nas súas máis variadas formas, que conforman os artigos da revista.
Abreu o acto a nova concelleira de Cultura das Pontes, Lorena Tenreiro Blanco, e a continuación Manuel Souto, director da publicación e presidente de Hume, foi presentando aos diferentes autores, que tiveron alocucións de extension diversa.
Comezou Ángel Arcay, historiador betanceiro que presentou un traballo sobre “Mulleres espontáneas. Fraxilidade humana e cópula carnal nas comarcas do Eume e Ferrol (s. XVIII e XIX)”, que mereceu o Premio de Investigación Hume en 2021. O das mulleres espontáneas —mulleres solteiras que acudían a un notario para dar conta do seu embarazo para legalizar a súa situación e defender a súa honra— é unha figura apenas coñecida polo gran público, que con traballos como este vai camiño de ser ben comprendido. Arcay é o actual director do Museo das Mariñas e tamén novo director do Anuario Brigantino, editado polo concello de Betanzos, a revista de estudos locais decana de Galicia.
![]() |
| Equipo directivo de HUME, con Nieves Seijo, segunda pola dereita, recén falecida, e con Manuel Souto, no centro, presidente da asociación |
Javier Barcón, de indudable ascendencia ortegana polo seu apelido, pero veciño das Pontes, presentou o traballo “Intervencionismo e reforestación nos montes das Pontes”, que merecera o 2º premio da convocatoria de 2021, un traballo de moito interese para a comarca do ortegal, polas similitudes con que se fixo a reforestación no franquismo na nosa zona.
![]() |
| Un momento do acto |
![]() |
A farmacia de Marcial Lens,
|
Lamentablemente, debido ao desempeño do seu cargo oficial, sufriu ataques, expedientes e acusacións gravísimas por parte do novo réxime franquista (sorprendente nunha persoa que era católica practicante, director do coro parroquial e que tiña na tertulia da súa farmacia ao párroco pontés), que o obrigaron a malvender a súa farmacia e a fuxir das Pontes coa súa familia en 1937, volvendo a Ortigueira, onde traballou como profesor na Academia Santa Marta dirixida polo presbïtero Jesús Márquez Cortiñas. Torres defendeu a figura de Lens, ofrecendo un dato definitorio: en 1941, en pleno apoxeo do réxime franquista, foi designado Secretario do concello de Valdoviño, posto imposible de desempeñar por unha persoa sobre a que o réxime tivese a máis mínima sospeita.
Tras algunha outra intervención finalizou o acto coa entrega dos premios de investigación Hume 2022 a Miguel Ledo Roca (1.º premio) e a Enrique Tort Vazquez (2.º premio). Todos os asistentes ao acto recibiron un exemplar da revista, impresa coa colaboración do concello e da deputación da Coruña.
------------------
mércores, 5 de xullo de 2023
BEA LUENGO: UNHA ARTISTA POLIFACÉTICA NAMORADA DO ORTEGAL. Autora do cartel do Festival Celta 2023
Graduada en Bellas Artes na UCM (Madrid, 2014), fixo unha estancia dun ano en Francia na École Superieure d'Art de Clermont Métropole (Clermont-Ferrand). Fixo o Máster de Fotografía e Proxectos Persoais en EFTI (Madrid, 2016) e o Máster do Profesorado na USC (Santiago de Compostela, 2023). |
Ten participado en numerosas exposicións colectivas: “PhotoEspacioOculto”, Espacio Oculto Madrid (2014), “Librarte” (Burgos, 2018), “Hacia dónde mirar” (EFTI, 2016). Festivais PA-TA-TA (Granada, 2017), Feira do Livro de Fotografía de Lisboa (2017), FIEBRE, Dispara Xestión Cultural (A Estrada, 2017), Libros Mutantes, Feria del Libro de Madrid, París Photo, Arles, Biblioteca Nacional PHE “Mejores libros de fotografía del año” 2019, categoría nacional.
Foi finalista do premio “Landskrona Foto Dummy Award 2017”, Landskrona Foto Festival (Suecia) e gañadora do premio de publicación “Fotolibro < 40” (2018).
Publicou o libro Archivo Arqueológico de la Arquitectura Encontrada (ed. PHREE + CAM) presentado na librería “La Buena Vida” (Madrid, 2018), e Atlas Ivlia (autoedición). E sobre todo, é a autora do cartaz do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2023.
![]() |
| Cartel do Festival do Mundo Celta 2023, obra de Bea Luengo |
Con Bea falamos para coñecer mellor o seu xeito de expresarse e comunicarse a través da arte.
—Fotografía, cerámica, poesía... Eres muy creativa. ¿Con qué arte te quedarías?
Me encanta el que haya varios medios artísticos relacionados y el hacer proyectos multidisciplinares, porque me permite experimentar, contar más allá. Para mí van unidas, sin separar un arte del otro, siendo algo abierto que escoges su forma según lo que quieres comunicar. Todo habla y según el mensaje, ayuda más una materia u otra, o varias que van dialogando.
—¿Por qué escribes poesía?
Es liberadora. Me permite soltar y encontrar un lenguaje más sutil, como una danza de palabras donde fluyes y puedes conectar.
—¿Qué mirada proyectas en tu fotografía?
La fotografía tiene algo mágico para mí y es que al tiempo que escogemos un pequeño punto y creamos un mundo en una mirada no vista que se revela, parte de la realidad se queda impregnada y ha estado ahí físicamente, su luz. Fotografío para guardar esa magia sencilla que encuentras en lo pequeño del día a día y es extraordinario. Esa experiencia del momento, lo que siento e imagino, intento representarlo en la imagen.
![]() |
| Son de sol, creación de Bea Luengo |
—¿Cual es tu proceso de creación?
Parto de procesos de mi vida, aprendo, me pregunto, siento, conversaciones y experiencias. De ahí me lleva a necesitar contarlo, comprenderlo de alguna manera, jugar descubriendo. El juego intuitivo. A veces he partido de querer pintar y disfrutar de mancharme con los colores, fluir con lo que va saliendo; o fotografío algo que me llama porque he imaginado algo. Después lo hago consciente. Miro qué símbolos han salido por azar, voy indagando en el proceso, experimentando y creando más allá. Esta parte me encanta. En esto soy muy científica, el arte y la ciencia para mí son lo mismo solo que en diferentes formas. Otras trabajo al revés. Imagino o se me ocurre algo a partir de lo que estoy viviendo que quiero contar de alguna manera y voy investigando con la forma de transmitirlo entre varios lenguajes. Soy de procesos creativos largos, de cocinar lento.
![]() |
| Bea Luengo no Escolar de San Claudio colocando a súa exposición (Foto: Luli Dopico) |
—¿Cómo transforma el arte tu vida?
Me ayuda a vivir. Creo que todas las personas son artistas maravillosas y la creatividad nos enseña a resolver lo que viene más abierto y diverso. Para mí la función del arte es animar a todas las personas a compartir su mirada más personal, a vivir y ser como quieran libres con mucho amor y que todas aprendamos juntas viendo tantas maneras de vivir, que nos expandan.
—¿Tienes alguna influencia de otros artistas?
Sí, totalmente. ¡Hay tantas! Las pintoras surrealistas me abrieron un mundo simbólico (Leonora Carrington, Ángeles Santos, Remedios Varo y Joan Miró), junto a Marc Chagall. También la ciencia, me inspiro mucho en cosas que leo de física, química o botánica. En fotografía nombraría a Masao Yamamoto, Rinko Kawauchi, Juanan Requena y Óscar Molina entre muchas personas. Por otro lado, Julie Desprairies como coreógrafa me ayudó a liberarme viendo su manera de entender la danza. Y en escritura Chantal Maillard y Maartje Wortel. ¡Igual podría hacer una lista enorme!
—Háblanos del cartel del Festival do Mundo Celta. ¿En qué te inspiraste?
Me inspiré en cómo veo Ortigueira, el por qué me quedé en esta tierra de cuento. Al tiempo, es cierto que partí de símbolos que suelo utilizar en mis proyectos porque me fascinan y son importantes para mí. Las estrellas, constelaciones y árboles, junto a la sensación de hogar, son elementos y significados que están en todos mis proyectos de alguna manera desde siempre. En este caso, intenté llevarme este lenguaje y adaptarlo al festival, a lo que he vivido y compartido gracias a él. Encontrarle su propia forma y un mensaje íntimo personal.
----------------------------------------
Texto: Luli Dopico
Fotos: Luli Dopico
(Unha versión máis breve desta entrevista foi publicada no semanario La Voz de Ortigueira o 9.06.2023)






















