O domingo 12 de agosto estrenouse no teatro de
Beneficencia de Ortigueira o musical CHICAGO, a cargo do grupo afeccionado
Ultreia dirixido por Elíxio César Silvent, autor asimismo da adaptación ao
galego da obra.
Hai que comezar dando os prabéns ao grupo
Ultreia, que nos sorprende unha vez máis; poñen o listón cada vez máis alto! E
supérano!
Todos interpretan moi ben. Maikol cun papel
moi complicado, que resolve de maravilla; e que dicir dos protagonistas! Cantan
e bailan en escea como se en vez de afeccionados fosen verdadeiros
profisionais.
Foto de Marga Ínsua |
Todos bordan o seu papel: Carmona co seu,
entre xocoso e entrañable, fai que o espectador non saiba se rir ou chorar; que
ben o fai! E David no seu papel de travesti? Ben, ben!
Porque non é o argumento
o que fai que o espectáculo valla a pena (uns crímenes pasionais e unha prisión
preventiva), non. É a posta en escea o que conta, o vestiario e a coordinación
de todos os elementos sobre todo.
Todo isto fai de Elixio un estupendo director
de teatro.
Felicidades e adiante!!!
(Crónica de Mari Luz Martínez)