Para recabar máis apoios e suxestións, e presentar a proposta de creación dunha revista de estudos históricos da comarca do Ortegal,
convocamos unha reunión en Ortigueira, aberta a calquer persoa
interesada, para o venres 27 de decembro de 2013, ás 19:00, na Fundación
Ortegalia.
Agradecemos a presencia de persoas dos diferentes concellos
da comarca (Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Ortigueira…) interesadas.
Alí se presentará o proxecto, e informarase das iniciativas para lograr a financiación necesaria para poñelo en marcha.
O obxectivo é traballar de modo que no mes de xullo de 2014 apareza xa o primeiro número desta publicación.