xoves, 26 de decembro de 2013

Presentación do proxecto: 27 de decembro

Para recabar máis apoios e suxestións, e presentar a proposta de creación dunha revista de estudos históricos da comarca do Ortegal, convocamos unha reunión en Ortigueira, aberta a calquer persoa interesada, para o venres 27 de decembro, ás 19:00, na Fundación Ortegalia.

Agradecemos a presencia de persoas dos diferentes concellos da comarca (Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Ortigueira…) interesadas.

Alí se presentará o proxecto, e informarase das iniciativas para lograr a financiación necesaria para poñelo en marcha.

O obxectivo é traballar de modo que no mes de xullo de 2014 apareza xa o primeiro número desta publicación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario