Amosando publicacións coa etiqueta Ortigueira. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ortigueira. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de marzo de 2015

O acto de entrega do título de Cronista Oficial de Ortigueira será o 4 de abril



Foto Xosé Cheda




O Teatro de Beneficencia ortegano acollerá o próximo 4 de abril o acto público de entrega do título de Cronista Oficial de Ortigueira ao investigador e historiador Xosé Carlos Breixo Rodríguez.


A proposta de novo Cronista Oficial foi aprobada por unanimidade da corporación en pleno o pasado 11 de marzo, a proposta do Alcalde, Rafael Girón.
Carlos Breixo, natural e veciño da parroquia de San Claudio, sucede así a ilustres ortigueireses como Federico Maciñeira, Julio Dávila ou Laureano Álvarez.
A laudatio do novo Cronista Oficial será efectuada polo profesor Vicente Peña Saavedra, tamén natural de San Claudio.
Agardamos que o acto conte coa solemnidade e asistencia que merece, e que o Concello manifeste un compromiso claro de dotar a esta figura, honorífica, gratuita e vitalicia, de recursos para poder levar a cabo o seu traballo de modo digno e eficaz.






xoves, 26 de decembro de 2013

Presentación do proxecto: 27 de decembro

Para recabar máis apoios e suxestións, e presentar a proposta de creación dunha revista de estudos históricos da comarca do Ortegal, convocamos unha reunión en Ortigueira, aberta a calquer persoa interesada, para o venres 27 de decembro de 2013, ás 19:00, na Fundación Ortegalia.

Agradecemos a presencia de persoas dos diferentes concellos da comarca (Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Ortigueira…) interesadas.

Alí se presentará o proxecto, e informarase das iniciativas para lograr a financiación necesaria para poñelo en marcha.

O obxectivo é traballar de modo que no mes de xullo de 2014 apareza xa o primeiro número desta publicación.