· Por un lado, o profesor Claudio Rodríguez Fer, que é ao tempo escritor recoñecido en diversas modalidades (poesía, narración, teatro...) e ensaísta. Profesor de Lingua e Literatura Española na facultade de Humanidades de Lugo (USC), que está xubilado desde datas moi recentes, tralo cal foi designado profesor ad honorem, dictará a lección inaugural do Congreso sobre Cunqueiro que terá lugar en Ortigueira.
Rodríguez Fer é un especialista na literatura galega durante a Guerra Civil —materia da súa tese de doutoramento—, e o seu interese na figura do escritor mindoniense non é novo; cabe lembrar que foi o editor da monografía “Álvaro Cunqueiro en Ortigueira” publicado polo Consello da Cultura galega en 2011 e que recolle os artigos publicados polo autor de Mar ao Norde e Cantiga nova que se chama Ribeira nos semanarios Era Azul e La Voz de Ortigueira.
Agradecemos a ambas figuras que aceptasen da invitación de Terras do Orteal a participar neste evento que estudará a figura de Álvaro Cunqueiro.
Véxanse anteriores noticias
Con elas complétase a panel de extraordinarios relatores que participarán no Congreso sobre Álvaro Cunqueiro en Ortigueira en 1936, que se desenvolverá o venres 2 outubro próximo en horario de tarde e o sábado 3 de outubro en horario de mañá, que estará formado por:
En próximos días difundiremos a forma de facer a incrición neste evento que agardamos sexa un completo éxito.
-------------------



Ningún comentario:
Publicar un comentario